Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A Biblioteca de #Gondomar recibe a Alfonso Álvarez Cáccamo para debater o seu libro “Os Gotten”.

Correo-e Imprimir PDF

os-gotten-9788499146195O martes 6 de maio celébrase a xuntanza mensual do club de lectura de narrativa Sete Vidas da Asociación Espazo Lectura. Para este mes, o libro proposto foi Os Gotten (Xerais, 2014), do escritor vigués Alfonso Álvarez Cáccamo. A actividade comeza ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar e, a partir das 21:00 horas o autor Alfonso Álvarez Cáccamo participará dun faladoiro cos lectores e lectoras que desexen participar.

Espazo Lectura leva os libros á Tapería Ardora na celebración do VII Dar de ler coma quen dá de beber

Correo-e Imprimir PDF

ardoraO venres 25 de abril a partir das 20:00 horas, Espazo Lectura celebra por sétimo ano consecutivo o Dar de ler coma quen dá de beber, inserido dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura 2014. Mantense así a proposta anual de ler e compartir lecturas nun espazo público arredor do Día do Libro. Dende a asociación animan a acudir á Tapería Rural Ardora, en Mañufe (San Sebastián, 4), e sentar a escoitar os textos que se van ler.

#Nigrán celebra o Día do Libro coa presentación da obra “Nigrán. Casas, pazos, heráldica y linajes”

Correo-e Imprimir PDF

escudo-A obra do especialista Rafael Rodríguez Fernández Broullón será presentada no Salón de Actos Municipal este mércores 23 de abril ás 20 horas.

O Concello de Nigrán celebrará este mércores o Día do Libro coa presentación da obra Nigrán. Casas, pazos, heráldica e linajes, de Rafael Rodríguez Fernández Broullón, unha obra editada pola Deputación de Pontevedra que realiza ao longo de máis de 370 páxinas un detallado percorrido pola historia e o patrimonio cultural de Nigrán, e os seus veciños, desde o século XV ata hoxe.

Triateiros Teatro presenta “Hamster” no Auditorio Municipal Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF

Dentro da programación da Concellaría de Cultura de Gondomar, este sábado 12, ás 19.00 horas, no Auditorio Lois Tobío a compañía de teatro Triatreros Teatro representarán Hamster, un espectáculo para toda a familia. O prezo da billeteira será de 4 euros.

Presentación do libro "Nigrán, memoria dunha guerra 1936 - 1939"

Correo-e Imprimir PDF

Arquivo Erhard Schöller. Vigo recibe aos alzadosO historiador Juan A. González presenta hoxe a reedición do seu libro "Nigrán, memoria dunha guerra 1936 - 1939".

 A presentación terá lugar hoxe xoves ás 20h na Librería Paraísos de Papel, na Estrada pola vía 120, Local 6 en Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL