Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Concerto de música tradicional das dúas beiras do Miño na Librería Libraida de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

image009A libraría LIBRAIDA anuncia o concerto de "De Outra Margem" que terá lugar este venres, 11 de abril, ás 20:30 horas no seu local en Gondomar. O Grupo formado dende o 2001 con mestura de músicos de Galiza e Portugal presentará un orixinal repertorio propio creado coa mixtura das creacións tradicionais e de autor nas dúas ribeiras do río Miñor.

Coloquio sobre o Síndrome de Alienación Parental (SAP) en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

maltrato adentro2As especialistas Nuria Pereira e Rosa Fontaiña desenvolverán un coloquio sobre o Síndrome de Alienación Parental (SAP) o vindeiro venres 11 de abril ás 19 horas no Centro Neural de Gondomar. O SAP consiste en programar a un fillo para que odie a un dos seus proxenitores sen xustificación aparente
O evento, organizado pola Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura" quere achegar información desta patoloxía que aínda que non figura nos manuais nin é recoñecida nos procesos xudiciais, afecta a saúde dos cativos en situación de vulnerabilidade afectiva trala separación dos seus proxenitores.

Inscricións abertas para participar dunha visita guiada á Serra do Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF

s gali gondomarA ANPA do IES Terra de Turonio en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos fará este próximo sábado 12 de abril pola mañá unha Xeira Didáctica pola Serra do Galiñeiro. As persoas que desexen asistir poden contactar coa ANPA no teléfono 661 841 315.

Concerto coral de Música Sacra na igrexa de San Bieito de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

musica-sacraO vindeiro domingo día 6 de abril ás 6 da tarde, terá lugar na igrexa de San Bieto de Gondomar a VII edición do Concerto de Música Sacra organizado polo Centro Cultural" A Merced" de Chaín. Participarán o Grupo Coral "Novos Bardos" da A. VV. Socio cultural "O Freixo" de Vigo, o Coro "Ecos do Castelo" do C.C.D. Bolos da Carrasca, de Nigrán e a Coral polifónica "A Merced", do Centro Cultural organizador do evento.

Galiza Nova organiza en Gondomar un acto en torno á emigración na obra de Rosalía de Castro.

Correo-e Imprimir PDF

Galiza Nova organiza este venres 4 de abril en Gondomar, a partir das 20:15h no Café Rañolas, un acto en torno á emigración na obra de Rosalía de Castro.
"Ante unha lacra de tanta incidencia na actualidade como é a emigración e fundamentalmente na mocidade", a organización xuvenil do BNG propón un coloquio, conducido pola poeta Marta Dacosta, no que abordar esta problemática tomando como base a obra de Rosalía.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL