Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A obra “Viva a Crise” de Fulano, Mengano e Citano este domingo en Borreiros

Correo-e Imprimir PDF

-O próximo domingo, día 6, no Centro Cultural de Borreiros, ás 19.00 horas

Cé Orquestra Pantasma abre unha nova tempada de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

lendo-contigo-blibliotecaEste mércores 2 de outubro  terá lugar a apertura da nova tempada da Casa da Lectura (Donas) coa actuación ás 18 horas de Cé Orquestra Pantasma. Os nenos e nenas poderán participar xogando, cantando e bailando á vez que adentraranse  no mundo da literatura oral e da poesía a través do repertorio cheo de melodías, xogos e cantigas do “marabilloso home orquestra”.

Presentación dos número 10/11 da Revista de Estudos Miñoranos

Correo-e Imprimir PDF

capaREM10-11001Este venres 27 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do exemplar Nº 10/11 da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, a desenvolverse na Aula de Cultura Ponte de Rosasa (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), contará coa presenza de Xosé Ramón Ojeda, David Reinero, Xilberte Manso e Xulián Maure. Durante a presentación, o músico Fernando Blanco, interpretará un selecto repertorio de pezas da súa autoría. Haberá exemplares da revista á venda, a un custe de 12 euros.

“Motivación e creatividade”, conferencia do enxeñeiro industrial Jesús Fernández Alonso no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

jesus oficina2O próximo venres 13 de setembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Motivación e Creatividade". O acto será presentado pola concelleira de Educación do Concello de Baiona, María Jesús Garbín Domínguez.

12 horas de música en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

O grupo vigués, Es un arbol, tamén estarán en SabarísA Asociación de Empresarios e Comerciantes de Sabarís COEMSA, ten preparado para hoxe sábado un maratón musical nas súas rúas. Dende as 11 da mañá até as 19h as rúas de Sabarís serán esceario de 10 actuacións de diversos estilos musicais.

Es un arbol, Blue Monk, Fino Cardie y Artu Saffron, Mudanza, Orquesta de Cámara Infantil e Xuvenil do Val Miñor, Swind du Monde, Son do Val, Davide Salvado, Tardis, Jako CDC, Forti Victor Lorenzo, Dous, Coral de Baredo e POEM.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL