Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Peitieiros: Baixada do Tourón da Paraguda #Entroido

Correo-e Imprimir PDF

touron peitieirosO Centro Cultural de Peitieiros celebra un ano máis o sábado de Entroido, o día 28 de febreiro. O tourón iniciará o seu percorrido ás 17:00 nos Amados, O Regueiro e logo percorrerá O Palame e A Area, até chegar ao adro da igrexa parroquial , ás 19:00, alí comezará a festa , primeiro co Tourón no propio adro, e logo no Centro Cultural onde haberá certame de sobremesas, de disfraces, música, maquillaxe, etc.

Últimos días para inscribirse nos cursos de lingua galega da Mancomunidade do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria da Xunta de Galicia, ven de abrir o prazo de inscrición nos cursos de galego que preparan para obter os certificados oficiais acreditativos dos distintos niveis de coñecemento da nosa lingua, coñecidos coma CELGA.
Cada un dos cursos terá unha duración de 70 horas, sendo necesario reunir un mínimo de 20 persoas para poder impartilo de forma conxunta por parte do cada un dos tres concellos que integran a Mancomunidade (Baiona, Nigrán e Gondomar).

Concerto do cantante vasco Eñaut Elorrieta na Taberna Marrucho

Correo-e Imprimir PDF

kantakEste mércores día 5 de Febreiro, ás 20.30 horas o cantante vasco Eñaut Elorrieta visita a Taberna Marrucho (Baiona) para presentar o seu proxecto en solitario “DESERRIKO KANTAK” (“Cancións do desterro”). Produción musical  á marxe do grupo Ken Zazpi, co que tantos éxitos acadou nos últimos anos. Entradas 4€. O concerto celébrase dentro do circuíto musical estatal GPS (Girando por salas).

Mostra educativo-científica e faladoiro sobre “Creatividade” do enxeñeiro Jesús Fernández Alonso.

Correo-e Imprimir PDF

jesus perfil-O evento especialmente orientado a estudantes de 16 anos en diante e aberto ao público en xeral terá lugar o vindeiro xoves 30 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar).
-Desde as 19 horas terá lugar unha mostra "científica-educativa" na que Jesús Fernández amosará os principios técnicos e científicos dos diversos aparellos de intereses.

Actos informativos de EU este sábado sobre a reforma das pensións en Gondomar e Baredo.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida está a celebrar este sábado 25 dous actos informativos sobre o sistema público de pensións. As 19:00 no Centro Cultural de Baredo, coa intervención do Coordinador Local de Esquerda Unida de Baiona Silvano Montes. As 20:00 no Centro Neural de Gondomar, coa intervención de Juan Fajardo, Parlamentario de AGE, e Jorge Carneiro de Esquerda Unida Gondomar.
Con estes actos Esquerda Unida sinala que pretende informar á veciñanza "das verdadeiras intencións das reformas do sistema público de pensións, iniciadas polo PSOE e continuadas polo Partido Popular", así como as repercusións de ditas reformas nas pensións actuais e futuras.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL