Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Últimos días para inscribirse nos cursos de lingua galega da Mancomunidade do Val Miñor

Últimos días para inscribirse nos cursos de lingua galega da Mancomunidade do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria da Xunta de Galicia, ven de abrir o prazo de inscrición nos cursos de galego que preparan para obter os certificados oficiais acreditativos dos distintos niveis de coñecemento da nosa lingua, coñecidos coma CELGA.
Cada un dos cursos terá unha duración de 70 horas, sendo necesario reunir un mínimo de 20 persoas para poder impartilo de forma conxunta por parte do cada un dos tres concellos que integran a Mancomunidade (Baiona, Nigrán e Gondomar).

Estas accións formativas están abertas á participación de todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos actualizados sobre o noso idioma ou en mellorar os xa existentes. Estes cursos son puntuables en oposicións para o acceso ao emprego público.
As persoas que queiran participar, deberán inscribirse cubrindo unha fichas que estarán a disposición dos/as interesados/as nos Rexistros de algún dos tres concellos da mancomunidade Baiona, Nigrán ou Gondomar ou no da mancomunidade e nas páxinas web de ditos concellos dende o día 17 de febreiro de 2014 ata o 21 de febreiro de 2014 debendo ser presentadas nos mesmos antes de dita data de remate do prazo de presentación, xunto cunha copia do seu DNI.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden acceder á a páxina web da Xunta de Galicia http://www.xunta.es/linguagalega ou contactar co concello nos departamentos antes indicados e/ou nos teléfonos 986-385048, 986-365000, 986-384020.