Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Mostra educativo-científica e faladoiro sobre “Creatividade” do enxeñeiro Jesús Fernández Alonso.

Mostra educativo-científica e faladoiro sobre “Creatividade” do enxeñeiro Jesús Fernández Alonso.

Correo-e Imprimir PDF
jesus perfil

-O evento especialmente orientado a estudantes de 16 anos en diante e aberto ao público en xeral terá lugar o vindeiro xoves 30 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar).
-Desde as 19 horas terá lugar unha mostra "científica-educativa" na que Jesús Fernández amosará os principios técnicos e científicos dos diversos aparellos de intereses.

Segundo adianta o enxeñeiro Jesús Fernánde Alonso, o faladoiro está dirixido a traballar co público diversos elementos que afectan a capacidade creativa das persoas. Para iso terá lugar unha dinámica onde o relator proporá unha "viaxe ó centro da Terra".
A partir das 19 horas e ata o comezo do faladoiro, Jesús Fernández compartirá unha mostra "educativa - científica" na que amosará os principios técnicos e científicos dos diversos aparellos de interese.