Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O escritor Pedro Feijoo presentará a súa nova novela “A memoria da choiva” en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

XG00210501O próximo venres 22 de novembro ás 20:30 horas na Libraría Libradia (Rúa Rosalía de Castro, 13), de Gondomar, Pedro Feijoo estará presentando e asinando o seu novo libro A memoria da choiva. O novelista autor da existosa novela Os fillos do mar, nesta ocasión presenta a historia de Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo cuxo brutal asasinato dispara unha intensa trama de misterio, sangre, amor e odio que garante o entretemento dos lectores.

O historiador Justo Beramendi abre a nova tempada das TERTULIAS do IEM

Correo-e Imprimir PDF

beramendiEste venres, 25 de outubro terá lugar a 1ª TERTULIA do IEM da tempada 2013-2014, coa participación do historiador Justo Beramendi. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h.

Limiar Teatro volve ao Val Miñor con Fahrenheit antes de tender a ponte da lusofonía cara a Brasil

Correo-e Imprimir PDF

verbum fahrenheitLimiar percorrerá dende o 26 de outubro ate o 24 de novembro máis de 50.000 km cunha xira que comezará o sábado día 26 de outubro en Nigrán (Galiza) e rematará o domingo 24 de novembro en Évora (Portugal).

A xira comezará na Casa Colorida do Val Miñor pertencente a rede Fora do Eixo – Fuera del Eje camiñará entre o 29 de outubro e o 4 de novembro no sudeste brasileiro dentro da rede Fóra do Eixo de Brasil para visitar entre outras cidades Sao Paulo e Belo Horizonte. Entre o 4 de novembro e o 12 representará no nordeste, en Recife en colaboración coa APACEPE

Obradoiro “O viño na copa” no IEM coa sumiller Marina Cruces García.

Correo-e Imprimir PDF

O Instituto de Estudos Miñoranos xunto coa sumiller Marina Cruces García desenvolverán dúas xornadas de catas de viños na Aula de Cultura Ponte de Rosa. Co título "O viño na copa", o evento congregará a 16 participantes que en dúas xornadas, os días martes 22 e mércores 23 de 20 a 22 horas, achegaranse ao segredos dos aromas, texturas e demais compoñentes nas variedades tinto e blanco.

O Curso da UIMP en Gondomar pecha cunha Xeira aberta a todo público polos montes de Couso

Correo-e Imprimir PDF

paisaxe-facebookTras tres intensas xornadas de conferencias, debates e reflexións remata este sábado o curso "A explotación multifuncional do monte. Contribución ao desenvolvemento rural", organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o Instituto de Estudos Miñoranos. O evento formativo que dera comezo o pasado xoves 3 de outubro, terá como actividade final, unha Xeira polos montes de Couso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL