Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Curso da UIMP en Gondomar pecha cunha Xeira aberta a todo público polos montes de Couso

O Curso da UIMP en Gondomar pecha cunha Xeira aberta a todo público polos montes de Couso

Correo-e Imprimir PDF
paisaxe-facebook

Tras tres intensas xornadas de conferencias, debates e reflexións remata este sábado o curso "A explotación multifuncional do monte. Contribución ao desenvolvemento rural", organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o Instituto de Estudos Miñoranos. O evento formativo que dera comezo o pasado xoves 3 de outubro, terá como actividade final, unha Xeira polos montes de Couso.

A mesma partirá as 16:30 horas dende a Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) para visitar unha ruta arqueolóxica e así como diversas intervencións de carácter produtivo xestionada polos comuneiros de Couso. Ademais dos asistentes ao curso, no percorrido poderán participar todas as persoas que o desexen.
A Xeira contará coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM), o profesor Xilberte Manso (IEM) e mais Xosé Antón Araúxo, presidente da CC de MM de Couso.
Previamente, sobre as 13:30 terá lugar o acto de clausura do curso, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a cargo das institucións organizadoras, e contará coa presenza do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián.