Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Limiar Teatro volve ao Val Miñor con Fahrenheit antes de tender a ponte da lusofonía cara a Brasil

Limiar Teatro volve ao Val Miñor con Fahrenheit antes de tender a ponte da lusofonía cara a Brasil

Correo-e Imprimir PDF
verbum fahrenheit

Limiar percorrerá dende o 26 de outubro ate o 24 de novembro máis de 50.000 km cunha xira que comezará o sábado día 26 de outubro en Nigrán (Galiza) e rematará o domingo 24 de novembro en Évora (Portugal).

A xira comezará na Casa Colorida do Val Miñor pertencente a rede Fora do Eixo – Fuera del Eje camiñará entre o 29 de outubro e o 4 de novembro no sudeste brasileiro dentro da rede Fóra do Eixo de Brasil para visitar entre outras cidades Sao Paulo e Belo Horizonte. Entre o 4 de novembro e o 12 representará no nordeste, en Recife en colaboración coa APACEPE

Ao retorno de Brasil continuará a xira en Lisboa o 15, 16 e 17 de novembro e pecharase coas representacións en Beja, Moura e Évora.
A represetación na Casa Colorída ten un simbolismo especial por ser a primeira representación teatral que terá lugar no espazo.

Na súa xira Limiar teatro conta co patrocinio do Concello de As Pontes, lugar onde comezou a xira en 2013 e coa colaboración de Ponte nas Ondas.

Limiar teatro confirma a súa aposta decidida pola difusión exterior dos seus espectáculos coa xira lusófona de Verbum Fahrenheit e a estrea da versión en francés do seu espectáculo “O Quixote” na Bretaña en xullo pasado. “O quixote” é un espectáculo co leva máis 75 representacións por toda a península e que visitará de aquí a final de ano Logroño, Teruel e Oviedo.