Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Val Miñor - Madrid chega a Vigo na maleta de viaxe de Iván Ferreiro

Correo-e Imprimir PDF

ivan ferreiroO novo disco de Iván Ferreiro “Val Miñor - Madrid. Historia y cronología del mundo”, soará o próximo 13 de febreiro no teatro García Barbón de Vigo.

Inventar un mundo leva tempo. Quizais o mesmo que deixar que o Mundo te invente para si mesmo.

Unha obra fundamental do "pai do manga" abre o ciclo Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura.

Correo-e Imprimir PDF

el-libro-de-los-insectos-tezuka-astiberriO martes 21 de xaneiro celébrase o primeiro encontro do ano do club Lecturas Debuxadas da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, o manga volve ser protagonista. A sesión centrarase en El libro de los insectos humanos, de Osamu Tezuka e terá lugar na Biblioteca de Gondomar ás 20:00 horas.

A xornalista Ana Guantes será a protagonista dunha nova TERTULIA do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro venres 17 de xaneiro ás 20:30 horas, a xornalista Ana Guantes, na actualidade Subdirectora do informativo Hora 14 da Cadena Ser, será a convidada dunha nova TERTULIA do Instituto de Estudos Miñoranos. No encontro, a periodista fará un repaso pola súa traxectoria en medios do país e abordará varios aspectos da actualidade xornalística. A presentación do faladoiro estará a cargo da arquitecta Rosa Mouriño (IEM). O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).
Ana Guantes.

Puri Ameixide dialogará cos lectores do seu libro “Nada se esquece” na biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa-cultura-gondomarEste martes 14 de xaneiro ás 20 horas a escritora Puri Ameixide visitará a biblioteca de Gondomar para dialogar cos lectores da súa novela Nada se esquece. O encontro terá lugar no marco da primeira reunión deste ano do club de lectura Sete Vidas que organiza a Asociación Espazo Lectura. A actividade é de carácter a aberto a todo público.

EU inicia en Baíña un ciclo de faladoiros sobre os alcances da reforma do sistema de pensións.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida inicia un ciclo por Baiona de faladoiros informativos sobre a reforma ao sistema de pensións . O primeiro deles terá lugar no Centro Cultural de Baíña, o vindeiro sábado 11 de xaneiro ás 20:00 horas, coa intervención do Coordinador Local Silvano Montes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL