Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Obradoiro infantil de Nadal e recital de Marcos Rodríguez no Centro Cultural Parada do Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza este venres 6 de decembro de 11:00 a 13:00 horas un obradoiro infantil, no que se farán diferentes manuliadades relacionadas co Nadal (postais, adornos, etc...) será unha actividade gratuíta e os materiais serán achegados pola organización.
Por outra parte, o vindeiro día 8 de decembro, a partires das 19:00, actuará o cantante Marcos Rodríguez no local do Centro Cultural.

Mañufe mide este venres o talento veciñal na elaboración de viños, doces, tortas e postais do Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

tortas docesUnha animada xornada social convocada polo Centro Cultural San Vicente de Mañufe medirá o talento dos veciños na elaboración de viños, doces, tortas e postais do Nadal nunha serie de concursos abertos que terán lugar este venres 6 de decembro, ás 19 horas. Para participar bastará con achegarse con algún destes produtos de elaboración propia e con gañas de pasar unha tarde divertida.

Presentación do libro “Pontevedra nos anos do medo” de Pepe Álvarez no IEM

Correo-e Imprimir PDF

pontevedra anomedoEste venres 29 de novembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro de Pepe Álvarez,Pontevedra nos anos do medo, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar). O acto no que contará coa presenza do autor, será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome.

Presentación do libro “O extraordinario mundo da Ora Marítima”, de Xoán Bernárdez Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

capa-xoan-bernardezO vindeiro xoves 21 de novembro ás 20:30 horas o investigador Xoán Bernárdez Vilar presentará o seu novo libro O extraordinario mundo da Ora Marítima, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar). A obra, na que o Val Miñor ocupa un importante espazo,  pescuda no  poema do romano Rufio Festo Avieno (Ora Marítima), unha das fontes máis antigas sobre os pobos que habitaban o noso territorio, e que tras varios anos estudándoa o autor presentoulla como tese de doutoramento en Xeografía, Arte e Historia no ano 2011.

Domingo de magosto e xogos populares no adro da igrexa de Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF

xogos populares ogroveMáis de 40 xogos populares a partir das 16:30 horas abrirán un domingo a todo lecer na parroquia de Peitieiros. Organizado polo Centro Cultura e a Comisión de Festas o evento prevé a realización dun magosto popular a partir das 19:30 horas coa actuación do grupo de gaitas do Centro Cultural Ecos e Agarimos. As actividades terán lugar no adro da igrexa de San Miguel de Peitieiros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL