Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O historiador Justo Beramendi abre a nova tempada das TERTULIAS do IEM

O historiador Justo Beramendi abre a nova tempada das TERTULIAS do IEM

Correo-e Imprimir PDF
beramendi

Este venres, 25 de outubro terá lugar a 1ª TERTULIA do IEM da tempada 2013-2014, coa participación do historiador Justo Beramendi. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h.

Justo Beramendi, (Madrid, 1941). Aínda que madrileño de orixe, Beramendi forma parte dende hai catro décadas, do movemento intelectual dedicado á dinamización cultural así como á investigación histórica de Galicia. O seu traballo abrangue un amplo espectro de temáticas especialmente relacionadas co nacionalismo, corrente coa que se identifica e a cal entregou boa parte dos seus estudos e obra bibliográfica. Actualmente xubilado, desenvolveu unha prolífica carreira como docente e catedrático na Universidade de Santiago de Compostela. No encontro do venres o público asistente terá a posibilidade de escoitar e dialogar co convidado sobre interesantes aspectos da súa traxectoria.
Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor ata o xoves 24 de outubro ás 22 horas.