Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A obra “Viva a Crise” de Fulano, Mengano e Citano este domingo en Borreiros

A obra “Viva a Crise” de Fulano, Mengano e Citano este domingo en Borreiros

Correo-e Imprimir PDF

-O próximo domingo, día 6, no Centro Cultural de Borreiros, ás 19.00 horas

A Concellaría de Cultural do Concello de Gondomar pon en marcha este domingo, día 6, a programación cultural para o próximo trimestre. Fulano, Mengano e Citano serán os encargados de dar comezo a esta programación na que o teatro é o protagonista.
En "Viva a Crise", Fulano, Mengano e Citano ofrécennos teatro, humor e moita imaxinación, elementos imprescindibles que non faltan en ningunha das súas obras. Igual que en pezas anteriores como Olor de Estrelas, O Faro, ou Schss..., con Viva a Crise de novo falan en presente, abordando con humor a máis viva actualidade.
A cita será no Centro Cultural de Borreiros, ás 19.00 horas. A entrada é libre