Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda “Motivación e creatividade”, conferencia do enxeñeiro industrial Jesús Fernández Alonso no IEM.

“Motivación e creatividade”, conferencia do enxeñeiro industrial Jesús Fernández Alonso no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
jesus oficina2

O próximo venres 13 de setembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) o Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso pronunciará unha conferencia baixo o título "Motivación e Creatividade". O acto será presentado pola concelleira de Educación do Concello de Baiona, María Jesús Garbín Domínguez.

Jesús Fernández Alonso, natural e veciño de Gondomar, é Enxeñeiro Industrial e realizou a especialidade en organización industrial. É tamén Técnico Superior en Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Realizou tamén cursos de Loxística e é especialista en Lean Manufacturing
Realizou traballos para diversas empresas da área de Vigo e do Miñor. Ten publicado artigos na revista do Colexio de Enxeñeiros e leva desenvolvidas diversas palestras sobre o eido empresarial en toda Galicia.