Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Galiza Nova organiza en Gondomar un acto en torno á emigración na obra de Rosalía de Castro.

Galiza Nova organiza en Gondomar un acto en torno á emigración na obra de Rosalía de Castro.

Correo-e Imprimir PDF

Galiza Nova organiza este venres 4 de abril en Gondomar, a partir das 20:15h no Café Rañolas, un acto en torno á emigración na obra de Rosalía de Castro.
"Ante unha lacra de tanta incidencia na actualidade como é a emigración e fundamentalmente na mocidade", a organización xuvenil do BNG propón un coloquio, conducido pola poeta Marta Dacosta, no que abordar esta problemática tomando como base a obra de Rosalía.

O acto incluirá tamén a proxección da curtametraxe Deixádeos Pasar, obra que, baixo unha estrutura adaptada de Follas Novas, presenta unha serie de persoas que en función das súas vivenzas interpretan os poemas de Rosalía de Castro, pretendendo resolver a pervivencia da escritora na Galiza do novo século.