Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Inscricións abertas para participar dunha andaina polas ribeiras dos ríos Amados, Rasas e Morgadáns .

Inscricións abertas para participar dunha andaina polas ribeiras dos ríos Amados, Rasas e Morgadáns .

Correo-e Imprimir PDF
ponte-gonda-morgadans

O Pavillón de Deportes de Gondomar abre inscricións para participar da III Andaina Saudable que organiza a Concellaría de Deportes local. Os que se anoten poderán participar dunha ruta de case 19 quilómetros que partirá o vindeiro domingo ás 9 horas do pavillón cara a visitar as ribeiras dos ríos Amados, Rasas e Morgadáns, e permitirá coñecer máxicos recunchos así como gozar de fermosas vistas das parroquias de Gondomar, Couso, Peitieiros, Morgadáns e Chaín.

O paseo contará con guías ademais dun avituallamento de froita e auga. Os interesados en inscribirse na ruta deben pasar polo Pavillón de Deportes de 18:00 a 20:00 horas. Tamén contan co teléfono 608 748 393 ou a través do correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .