Isabel Blanco-Rivas, escritora e avogada viguesa presentará este xoves 12 de xuño ás 20:30 horas , na libraría Libraida de Gondomar o seu segundo libro de relatos, titulado Los mundos ajenos. Unha obra que afonda nas emocións, sentimentos e vivencias das persoas con capacidades diferentes. Publicado por Belagua Ediciones, o libro está prologado por María Dolores Rodríguez Araújo, vicepresidenta da Fundación Magar. No acto intervirá Alicia Cedeira Rodríguez , directora do Centro Juan María de Educación Especial de (Parada), xunto coa autora.