Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Ciclo de cine ao aire libre “Día Mundial do Medio Ambiente” na Praza Escolas Vellas de Gondomar.

Ciclo de cine ao aire libre “Día Mundial do Medio Ambiente” na Praza Escolas Vellas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
CONCELLO-CARTEL-DIA-MEDIO-A

A Asociación A Groba confirma a celebración do Día Munidal do Medio Ambiente para os días venres 13 e sábado 14 na Praza Escolas Vellas diante do Centro de Saúde de Gondomar.  Terán lugar pases de filmes que abordan diversos aspectos das problemáticas ecolóxicas e ambientais no país e no planeta. Todos darán comezo ás 22 horas.

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, en 1972 estableceu a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Esta celebración é un vehículo que utiliza as Nacións Unidas para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política.

A Asociación A Groba quere celebrar esta data cun ciclo de cine o aire libre, coa proxección de dous documentais e unha película. Asolagados e A súa maxestade a saqueta de plástico. Unha aproximación a situacións diversas que resultan despois de anos de avance, aplicación de tecnoloxía ou a trazo que deixan os humanos no medio. Tamén será proxectado o filme, A terra prometida sobre a actualidade do fracking nos EE.UU.

Con estas actividades, A Groba quere poñer en valor o Medio Ambiente, "respectalo, coidalo é unha tarefa a realizar cada día. Todos queremos un futuro próspero e seguro, sen ningunha dúbida ese futuro pasa polo respecto o Medio Ambiente, para a celebración deste ano: parada e reflexión".

Programa:

Día 13, venres ás 22 horas, Praza Escolas Vellas (diante do Centro de Saúde)

Asolagados: coa auga ao pescozo . Historia do encoro de Belesar

A maxestuosa bolsa de plástico

Día 14, sábado ás 22 horas, mesmo lugar

A Terra prometida (Director: Gus Van Sant )