Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Cantares do Brión participará do X Ciclo de Coros Históricos en A Coruña.

Correo-e Imprimir PDF

cantares-cuviO coro tradicional CANTARES DO BRIÓN, con sede no Centro Cultural de Vincios, estará o domingo, 16 de novembro, na Coruña, na sesión de peche do X Ciclo de Coros Históricos, invitados por Cántigas da Terra, o coro organizador destes ciclos anuais.O evento terá lugar, a partir das 19:00 horas, no Teatro Rosalía de Castro.

Faladoiro de Ramón Sestelo e Aniceto Núñez sobre os inicios do IES Auga da Laxe en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O 1 de setembro de 1989 inaugurábase o IES Auga da Laxe de Gondomar. Ramón Sestelo, daquela alcalde e Aniceto Núñez, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia que presidira Fernando González Laxe, ofrecerán unha charla coloquio titulado "Os inicios do Centro". O acto terá lugar no marco dos festexos do 25 aniversario do instituto e se desenvolverá o próximo venres 14 de novembro ás 14:10 horas no salón de actos. Asistirán os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, representantes do Concello de Gondomar e membros da comunidade educativa.

A Ría Non se Vende presenta en Baiona “Del Amor”, a obra libertaria de Ricardo Mella

Correo-e Imprimir PDF

mella-r-del-amorDel Amor, unha escolma de escritos de Ricardo Mella relacionado co amor, será presentado o vindeiro sábado 15 de novembro ás 18 horas na Taberna Marrucho de Baiona. A obra contén os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas e Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella.

Magosto e música en vivo este sábado pola tarde na praza de abastos de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

magosto-sabarisEste sábado 8 de novembro as 19:00 horas, na Praza de Abastos de Sabarís, a Asociación de Veciños de Sabarís Castro e Ladeira e ENCAIXAMOS (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) celebran un Magosto. Haberá bocadillos, chocolate quente, viño e outras bebidas a prezos populares. Castañas e queimada de balde para tod@s. E ademais de música en directo ao cargo de Roberto Carrera.

O uso ilexitimo do poder na reforma da administración de xustiza, a debate nas tertulias do IEM

Correo-e Imprimir PDF

Luis Villares NaveiraO Instituto de Estudos Miñoranos abre a súa 13ª tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM, co relatorio “O uso ilexítimo do poder na reforma da administración de xustiza”.  Faladoiro que estará a cargo do xuíz Luís Villares Naveira, coordinador en Galicia da Asociación Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL