Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Mañufe celebra desde este xoves o ciclo cultural: ”Maio mes das flores, das nais e das letras”.

Correo-e Imprimir PDF

centro-cultural-manhufeUnha chea de concertos, teatro e unha mostra de bonecas integrarán a oferta de actividades culturais que a Asociación Cultural San Vicente de Mañufe ten preparado para conmemorar coa veciñanza da parroquia o Día das Nais e o mes das Letras Galegas. Este ciclo denominado "Maio mes das flores, das nais e das letras" dará comezo este xoves ás 22 horas cun recital de música tradicional a cargo do grupo Os Romanteleiros de Mañufe, e o grupo folk "Xarope de uva". A actividade terá lugar no Centro Cultural de Mañufe.

O IEM pechas os faladoiros sobre o arquitecto Gómez Román cunha conferencia de Francisco Domínguez (Penzol).

Correo-e Imprimir PDF

900-gomez-roman1O ciclo continuará este venres 24 de abril, ás 20:30horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, cunha intervención de Francisco Domínguez Martínez, director da Fundación Penzol.
"Arredor da obra e figura de Manuel Gómez Román", será o tema deste faladoiro que contará cunha presentación a cargo do enxeñeiro industrial e membro do IEM, Xaquín de Acosta Beiras.

O IEM abre inscricións para participar da xeira “Tras os pasos do conde de Gondomar” por Zamora e Valladolid.

Correo-e Imprimir PDF

Zamora ADIF0010275-007O Instituto de Estudos Miñoranos abre inscricións para participar dunha visita guiada por Zamora e Valladolid: “Tras os pasos do conde de Gondomar”. A xeira contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño Troncoso, e terá lugar os días 25, 26 e 27 de xuño. As reservas de prazas terán lugar até o vindeiro 4 de maio quedando a disposición o teléfono 986360575 a partir das 18 horas e o enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Alén Miñor móstrase coma unha variante das exitosas "Xeiras", tentando combinar cultura e viaxe con espazos de convivencia. O responsable e coordinador desta nova actividade é Pablo Casal, membro do IEM. A primeira proposta cremos que ten unha compoñente moi especial, xa que está relacionada directamente coa historia de Gondomar e o Val Miñor. Renderemos homenaxe á figura do persoeiro máis relevante da bisbarra, Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar.  Nesta xeira visitaremos algúns dos lugares onde viviu, traballou e pasou parte da vida.

Presentación do libro “Mil Ríos” de Manuel Sendón e Fran Herbello no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

portada-33kManuel Sendón presentará este xoves 9 de abril, ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas,  Mil ríos, libro feito en co autoría co tamén fotógrafo Fran Herbello no que documentan 34 expedicións en piragua polos ríos de Galicia. A obra, de 324 páxinas, contén textos introdutorios a cargo Pedro de Llano e Federico López Silvestre,e 224 imaxes captadas ao longo desta aventura acompañadas coas súas respectivas bitácoras e gráficas do percorrido.

Baiona inicia percorridos matinais polo seu casco histórico con guía gratuíta.

Correo-e Imprimir PDF

ofi turismo baionaRealizaranse o xoves 2, venres 3 e sábado 4 de abril, ás 11:30 horas. As saídas serán dende a oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador) sen que sexa necesaria a inscrición previa. O percorrido inclúe visita ao casco histórico da vila, o paseo da Ribeira, monumentos, edificios relixiosos e finalizarán na recentemente inaugurada Casa de la Navegación de Baiona. Os paseos terán unha hora e media de duración aproximada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL