Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Castro e Ladeira celebrará o venres 5 o Serán de Outono no Mercado de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

cartel seran diciembre 2014A asociación veciñal Castro e Ladeira de Sabarís organiza o vindeiro venres 5 de decembro a partir das 20:30 horas un serán no Mercado de Abasto. A velada levará por título Serán de Outono e será amenizada por diversos grupos de gaitas e folclóricos da bisbarra. Haberá cantina con bocadillos e bebidas a prezos populares e para rematar queimada gratuíta.

A comisión de festas de Parada abre inscricións para participar dun cocido de confraternidade.

Correo-e Imprimir PDF

cocido01A Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana 2014/2015 de Parada organiza un cocido o vindeiro domingo día 7 de decembro as 14:00. O xantar estará amenizado por un grupo musical. A comisión pon a disposición o teléfono 617 82 08 14 para aquelas persoas que desexan anotarse.

Cea e baile de confraternidade para os veciños de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

A asociación de veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza este sábado 22 de novembro ás 10 da noite na Taperia o Muiño de Sabaris unha cea baile con aperitivos, lacón con grelos, postre, e bebidas. O encontro será amenizado por un grupo musical co obxectivo de pasar unha noite divertida entre veciños. Para anotarse antes do día xoves nos teléfonos: 636.921.744 ou 679.185.813

Magosto en Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF

magosto-donasO domingo día 16 a partir das 16:30 h o Centro Cultural de Peitieiros organiza o MAGOSTO.
Os actos comezarán con xogos populares para grandes e pequenos. O pateiro, os tres pés, pes quietos, trompos, bolas, etc. Entre todos lembrán aqueles divertimentos que de seguro aos máis pequenos lles encantará e aos maiores faralles ilusión revivir.

Inscricións abertas para unha xornada micolóxica en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

Cogomelos do monte Iroite A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", coa colaboración da Agrupación Micolóxica "Brincabois", celebrará o vindeiro domingo dia 23 de novembro durante todo o día a cuarta edición das xornadas de micoloxía de Chan de Brito, na que o membro da citada agrupación e da Federación Galega, Jose Luis Tomé Ortega, introducirá no mundo dos cogomelos ás persoas participantes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL