Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Talleres de arteterapia en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

Na antiga escola infantil, os luns do mes de xuño de 18.00 a 19.30 horas
Os participantes poderán dar os primeiros pasos do camiño da libre expresión: "xogando co pincel liberarán a creatividade que hai en cada un deles de xeito natural. Non se precisa saber pintar, ao contrario, porque así non se poñen barreiras técnicas á exploración dos dons creativos ou os conflictos inconscientes", sinalan dende a organización

Vincios organiza un concerto con motivo do Día das Letras Galegas

Correo-e Imprimir PDF

Banda de Música de Vincios | Imaxe: B.M.VinciosO próximo domingo a Banda de Música e o Coro da Agrupación Musical de Vincios ofrecerán un concerto na praza Doutor Latino Salgueiro de Gondomar (Praza do Concello) ás 12:45h.

As agrupacións daran concertos de xeito individual e conxunto, cun repertorio de música galega.

Espazo Lectura organiza unha “Noite pirata” na Biblioteca Municipal de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

noite bibliotecaNa noite do sábado 23 ao domingo 24 de maio de 2015 Espazo Lectura vai organizar na Biblioteca Municipal de Gondomar a VIII Noite na Biblioteca, que este ano vai ser unha noite pirata na que van colaborar como monitores e monitoras os membros do Comando Le de Espazo Lectura. Poderán inscribirse nenos e nenas que estean cursando este ano Educación Primaria e que participasen ao longo do curso nas distintas actividades infantís de Espazo Lectura (Contomar, Casa da Lectura ou club de lectura compartida Lendo Contigo) ou sexan fillos e fillas de socios de Espazo Lectura.

Artistas e artesáns de todo o Val Miñor animarán este domingo unha nova edición do Mercado de Arte en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

unnamedEste domingo das 10 ás 21 horas instálase o Mercado de Arte de Sabaris no tradicional espazo da praza de abastos. Unha iniciativa de COEMSA, a asociación local comerciantes e empresarios de Sabarís que pretende dar a coñecer aos artistas da comarca.
Cada ano conséguese congregar a máis de corenta artistas, entre pintores e escultores do Val Miñor entre os cales atópanse firmas con gran traxectoria e recoñecemento que apoian coa súa presenza os novos valores da pintura e a escultura da comarca. Este ano como novidade inclúese fotografía artística. Todos os artistas estarán presentes expoñendo e vendendo as súas obras.

O mundo mariño pecha as TERTULIA do IEM 2014/2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri

Correo-e Imprimir PDF

victorianourgorriEste venres 8 de maio péchase o ciclo de TERTULIAS 2014-2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri, esperto no eido da zooloxía mariña e a oceanografía. O faladoiro dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa presentación do biólogo mariño e membro do IEM, Alfredo López "Tokio". Trala celebración da TERTULIA compartirase unha cea co invitado no Pazo da Escola en Mañufe.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL