Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Venres: TERTULIA do IEM co músico Roi Casal

Correo-e Imprimir PDF

roi casalA música volve irromper nunha nova TERTULIA do IEM. Esta vez coa visita do exquisito músico e compositor Roi Casal. Fillo de Nando, "o gaiteiro" de Milladoiro, formou parte deste grupo durante 9 anos. Trala súa consagración como arpista da banda iniciou unha sonada carreira solista en 2009 que o está a levar por escenarios de medio mundo coa presentación de seus traballos discográficos. A presentación do acto estará a cargo de Antón Seone, un dos fundadores de Milladoiro  Será o este venres 6 de febreiro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

Músicos de Gondomar ofrecerán concerto solidario co programa ‘Vacacións en Paz’ para cativos do Sáhara.

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro sábado 7 de febreiro a partir das 20 horas terá lugar un concerto solidario co programa Vacacións en Paz que coordina a ONG SOGAPS (Solidariedade galega co pobo saharauí). Baixo o lema "Música pola Paz" subirán a escena o Cuarteto de Saxos A.M. Vincios; a pianista Sara Gaviño; o cuarteto de cordas integrado por Gil, Mañá, Mariño e Carvalho; o Dúa Ameva; Unhamoza (voz solista), todos eles de Gondomar. Unirase ao evento o grupo de guitarras da A.S.C. Zamáns. O festival contará coa participación Noelia Otero, locutora da Cadena Ser.

Cándido Pazó presenta “Memorias dun neno labrego” no Auditorio de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

memorias dun neno galego 20Cándido Pazó porá en escena este venres en Baiona a súa adaptación teatral da obra de Xosé Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego". Pola mañá nunha función para escolares de 5º e 6º dos colexios da bisbarra e pola noite, ás 21 horas para público en xeral. Ambas representacións terán lugar no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona e con entrada gratuíta.

Montañeiros Celtas de Vigo organiza un obradoiro de recoñecemento e cociña de plantas silvestres comestibles.

Correo-e Imprimir PDF

Desenvolverase ao longo de oito xoves (desde o 15 de Xaneiro ata o 4 de Marzo, de 16:00 a 19:00 horas) nos arredores do monte Aloia.

Gondomar prepara as tradicionais cabalgata e certame de rondallas de Reis.

Correo-e Imprimir PDF

Gondomar prepárase para recibir dous acontecementos populares de gran tradición no concello, a cabalgata dos reis magos o luns 5 e o XXXIII Certame de Rondallas o día martes 6.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL