Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Galiza Nova organiza un obradoiro sobre violencia de xénero no Café Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O acto será este sábado 13 de decembro ás 19h no Rañolas Café. No mesmo realizarase un obradoiro de micromachismos dirixido pola xornalista e membro da dirección de Galiza Nova, Olaia Rodil.

Espazo Lectura achegará parte das súas actividades infantís ao Culturgal na fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF

casa da lecturaEspazo Lectura estará presente no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra os vindeiros 5, 6 e 7 de decembro. O fará en dúas xornadas. O sábado 6, ás 17:00 horas, no ESPAZO BEBÉS da feira, haberá unha sesión de Contos en Cueiros. O domingo 7, ás 16:00 horas, no ESPAZO INFANTIL, A Banda dos Cueiros ofrecerá un concerto.

Cantares do Brión presentará ARRUÍDOS este domingo no CULTURGAL de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

ferrenha-brionO coro tradicional CANTARES DO BRIÓN presenta o seu disco "Arruídos" na feira cultural CULTURGAL. Será no Espazo Carpa, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o domingo 7, ás 11:45h.

Encaixamos Val Miñor organiza unha xornada cultural en Sabarís no Día das Persoas con Discapacidade.

Correo-e Imprimir PDF

10482223 907048352640102 9014416781853202513 nUnha xornada cultural acollerá a colectivos e asociacións que traballan a prol dos dereitos das persoas con discapacidade este sábado 6 de decembro a partir das 11:30 horas no Mercado de Abastos de Sabarís. A praza congregará postos de venda e exhibición con produtos elaborados nos talleres de cada asociación. Ao longo do evento haberá contacontos, premiacións, un coloquio cos deportisas Milagros López Vernet e Gonzalo Suárez, para pechar a xornada cun concerto de Los del Barro. A actividade está coordinada pola Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor Encaixamos, e conta coa colaboración da asociación veciñal Castro e Ladeira e o Concello de Baiona.

O escritor e músico Xurxo Souto visita o club de lectura Sete Vidas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

xerais mar xurxoO escritor e músico Xurxo Souto visita este martes, 2 de decembro, o club de lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura de Gondomar para falar, entre outras cousas, do seu libro Contos do mar de Irlanda (Ed. Xerais, 2014), a lectura proposta para este mes no club. A sesión dará comezo ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL