Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Peitieiros celebrará este domingo un serán en homenaxe ás pandeireteiras

Correo-e Imprimir PDF

Seran-marzo-2015O serán terá lugar este domingo 22 de marzo a partir das 17:00 h. nunha carpa instalada no Adro de Peitieiros. O Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Comisión de Festas convidan a todos os grupos e a todas as persoas que o desexen a participar. A festa rematará cunha chocolatada para as e os participantes.

Festival coral en Belesar

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado 14 de marzo o Centro Cultural de Belesar acollerá un concerto coral a partir das 20 horas. Participarán o coro de voces brancas da Asociación "Celada" de Mos, o coro xuvenil "San Lourenzo de Belesar", a coral polifónica de "Atios" e como anfitriona a coral polifónica "San Lourenzo" de Belesar.

Alejandra Sampedro inaugurará a mostra “Mar de Crebas”, no Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

alejandra sampedroO vindeiro venres 13 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "Mar de Crebas", formado por obra fotográfica e escultórica da artista plástica Alejandra Sampedro. A instalación será presentada polo fotógrafo e sacerdote, Santi Vega na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 8 de maio.

Bota andar a I Xornada NOSO AMBIENTE a prol da xestión sustentable dos montes miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

ruta arqueoloxica panel cousoAs comunidades de montes de Camos e Couso xunto coa Cooperativa Galiza Imaxinaria, Proxecto Montenoso, Casa Colorida e Alg_a Lab.celebrarán a I Xornada NOSO AMBIENTE. O evento, aberto a todo público, está orientada a informar sobre novos proxectos de xestión sustentable de espazos naturais. O encontro terá lugar no Auditorio de Nigrán o vindeiro venres 13 de marzo de 18 a 23 horas.

TERTULIA do IEM co humorista gráfico Luis Davila “O Bicheiro”.

Correo-e Imprimir PDF

davila020315bCada día achéganos un sorriso -a maioría das veces cómplice- dende as páxinas do xornal Faro de Vigo ou nas réplicas dixitais das súas bandas debuxadas na Internet. Luis Davila "O Bicheiro" (Pontevedra, 1972) será o protagonista dunha nova TERTULIA do IEM onde falará dese mundo creativo onde a través de personaxes entrañables e moita retranca é capaz de debuxar unha radiografía do país acotío. Será este venres 6 de marzo ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL