Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Cincuenta veciños de Mañufe poñerán en escena a zarzuela “La Gran Vía” para despedir o 2014.

Correo-e Imprimir PDF

centro-cultural-manhufeTras tres meses de ensaios semanais, cultivando as gorxas e aprendendo os segredos das táboas medio centenar de veciños da parroquia de Mañufe levarán a escena a zarzuela “La Gran Vía”. Unha revista autoría de Federico Chueca e Joaquín Valverde con libreto de Felipe Pérez y González escrita con motivo da pegada da construción da gran estrada madrileña a finais do século XIX. O espectáculo, de entrada libre, dará comezo ás 21 horas no teatro do Centro Cultural de San Vicente de Mañufe.

Concerto de Fin de Ano do coro tradicional Cantares do Brión no Centro Cultural de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

cantares-cuvi-Sábado 27, ás 20.00 horas, no Centro Cultural de Vincios. Entrada libre.
Concerto de Fin de Ano do coro tradicional Cantares do Brión, con interpretación das pezas incluídas no seu disco "Arruídos" e outras novas incorporadas ao seu repertorio durante este ano de 2014.

A Rondalla Santiago de Parada desfilará este sábado polas rúas de Sabarís e Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-2Este sábado 20 de decembro, ás 16:30 a multicolor Rondalla que sae do Centro Cultural Parada do Miñor, desfilará por Sabarís a partir das 16:30 horas e a partir das 18 horas en Baiona. Os veciños e visitantes poderán gozar destes pasarrúas onde participarán próximo a medio centenar de rondalleiros e seis abandeirados dirixidos pola profesora Miriam Méndez Meira.

O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado a obra de teatro “As do peixe”.

Correo-e Imprimir PDF

51d6ee6617aec-asdopeixeO auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 20 de decembro a obra "As do peixe" unha visión sobre o mundo das mulleres galegas nas fábricas conserveiras. Escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, esta obra foi premiada na XVIII edición dos Premios de Teatro María Casares. O elenco de actrices fórmao Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Susana Dans e Rocío González. A escenografía corre a cargo de Carlos Alonso.

Presentación-recital do poemario ilustrado “Verbas Cum” de Isabel Branco-Rivas en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

verbas cumO Mercado da Tia Ni (Sabarís) acollerá o vindeiro venres 19 de decembro, ás 20.30 horas, a presentación do poemario Verbas cum, da escritora e avogada viguesa Isabel Branco-Rivas, ilustrado pola baionesa Irene Silva Xiráldez e publicado pola editorial Belagua. O acto de presentación consistirá nun recital no que intervirán, xunto á autora e a ilustradora, o cantor Paco Represas, quen musicalizou algúns destes poemas. Entrada libre con chocolate de agasallo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL