Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Pepe Cáccamo presenta “A voz quebrada” no Centro Goianés.

Correo-e Imprimir PDF

portada-a-voz-quebradaO vindeiro mércores 4 de marzo ás 20 horas terá lugar a presentación do libro de A voz quebrada. Da memoria histórica e o terror fascista (IEM, 2014), de Xosé María Álvarez Cáccamo no Centro Goianés. Ademais do autor, a presentación contará coas intervencións de Araceli Ozores Peixoto (C.Goianés) e Carlos Méixome Quinteiro (IEM).

Os coros tradicionais Toxos e Froles e Cantares do Brión celebrarán o IV Cantares no Miñor

Correo-e Imprimir PDF

550CANT BRION FOT

O vindeiro sábado 7 de marzo terá lugar o IV Encontro de coros tradicionais "Cantares no Miñor" que organiza Cantares do Brión. Nesta ocasión o grupo invitado é o Real Coro Toxos e Froles (Ferrol) quen este ano conmemora o seu primeiro centenario. Será a partir das 19:30 horas no Auditorio Afundación (entrada por Marqués de Valladares) de Vigo. Entrada de balde até completar prazas.

“Barferencia” en Baiona sobre os primeiros resultados das escavacións da Cabeciña.

Correo-e Imprimir PDF

cabecinhaTrátase dun evento no que se presentarán as novidades dos traballos arqueolóxicos da Cabeciña no marco do Proxecto Mougás. O acto terá lugar en La Micro de Baiona, situada no Mercado de Abastos, ás 20:30 e conta coa colaboración do Concello de Baiona. A entrada é totalmente gratuita.

Curso de cestería tradicional na antiga Escola Infantil de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

cestosA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", convoca para esta nova tempada 2014/2015 do curso de cestería tradicional, que con gran éxito desenvolve todos os anos. Nesta ocasión o obradoiro levará por título CESTERÍA OVALADA EN VIMBIO (I).

Debate sobre agricultura sostible e crise enerxética no Café Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

agri ecoEste xoves 12 de febreiro o espazo de debate "Qué horas honestas" achegará a opinión dun grupo de profesionais sobre a eficiencia enerxética nos fogares, agricultura sostible e crise enerxética global. A mesa estará integrada por Ramiro Fernández (licenciado en bioloxía), Pablo Freiría (arquitecto técnico e enxeñeiro en edificación), Álex Pereira (profesor de agricultura ecolóxica), e o politólogo Josué Villar como moderador. Será ás 20:30 no café Rañolas con entrada libre.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL