Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Curso de cestería tradicional na antiga Escola Infantil de Chandebrito

Curso de cestería tradicional na antiga Escola Infantil de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF
cestos

A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", convoca para esta nova tempada 2014/2015 do curso de cestería tradicional, que con gran éxito desenvolve todos os anos. Nesta ocasión o obradoiro levará por título CESTERÍA OVALADA EN VIMBIO (I).


O mesmo terá lugar no edificio da Escola Infantil de Chandebrito (Rúa da Igrexa, 2), todos os luns dende o 2 de marzo até o 27 de abril, no horario de 18 a 20:30 horas. O taller desenvolverase cun mínimo de 8 e até un máximo de 10 alumnos.
Por consultas e inscricións está dispoñible o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo así como o teléfono 667380223. O prazo de inscrición remata o vindeiro 27 de febreiro.