Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Últimas prazas para participar na Xeira do IEM “Tras os pasos do conde de Gondomar”.

Correo-e Imprimir PDF

O Instituto de Estudos Miñoranos informa que  quedan unhas poucas prazas para aqueles que desexen participar na xeira por terras de Zamora e Valladolid “Tras os pasos do conde de Gondomar” ,  que guiará o arquitecto Antonio Soliño Troncoso. Até o vindeiro luns 25 de maio ao mediodía estará aberto o prazo de inscrición aínda que pecharase unha vez cubertas as prazas dispoñibles.  Transcríbense as características da viaxe segundo informe do IEM:

#Sabarís acollerá un evento en apoio á deportista Desirée Vila

Correo-e Imprimir PDF

desire2O próximo domingo 24 de maio de 17:00 a 20:30, no Mercado de Abastos de Sabarís (Baiona), terá lugar un evento organizado polo colectivo Encaixamos Val Miñor, ca fin de recaudar fondos para apoiar á deportista Desirée Vila na súa campanha: "Da el paso... Únete". Haberá umha merenda solidaria, sorteos e actuación musical de Roberto Caco. A actividade conta co apoio do Concello de Baiona, veciños e comerciantes de Sabarís.

#Baiona :Danza, gaitas e folk republicano para conmemorar o Día das Letras en Baíña.

Correo-e Imprimir PDF

abagundaVeciños de Baíña conmemorarán o Día das Letras cun espectáculo de danza e música no centro cultural da parroquia. O espectáculo dará este domingo ás 18 horas e contará coa actuación do grupo de danza de Hio "Soavela", os gaiteiro Viruxe de Outono da asociación San Andrés do Hio e o grupo A Bagunda "folk autóctono republicano"

“Do chan á copa”: O IEM abre inscricións para un ciclo de catas de viños brancos e tintos.

Correo-e Imprimir PDF

vino tinto blancoO ciclo propón unha introdución ó mundo da cata, ademais de xogos sensitivos e temas relacionados con esta a cargo dos técnicos en vitivinicultura Juan Chamorro e Noelia Pérez. As catas serán a cegas, co obxectivo de chegar a diferenciar os viños galegos entre si e tamén cos de fóra. Serán viños tintos e brancos.

A cata centrarase nos procesos de elaboración máis habituais en viños brancos e tintos e, tamén, nos traballos que son esenciais levar a cabo na viña para acadar un produto de calidade e optimizar unha plantación ó máximo.

As datas da cata son: 21 e 28 de maio, e 4 e 11 de xuño. A duración destas será de 1 hora e media aproximadamente.

Sábado: Serán e certame literario no Mercado de #Sabarís para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

seransabarisA asociación de veciños Castroeladeira organiza este sábado 16 de maio unha actividade literaria e musical con motivo da conmemoración das letras galegas. Á partir das 19 horas, no mercado de Sabarís, escolares da zona recibirán os premios dun certame poético onde o veciño e escritor Adolfo Valverde Quintas, oficiará de xurado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL