Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Presentación no IEM do libro “Contos e Lendas de Baiona”, de Julio Eulogio Villarino Espino.

Correo-e Imprimir PDF

baionalibroEste venres 5 de xuño ás 20.30 horas presentarase Contos e Lendas de Baiona, ópera prima, de Julio Eulogio Villarino Espino. O libro será presentado polo autor e contará cunha introdución a cargo de Miguel Anxo Mouriño, responsable da sección de Filoloxía e Literatura do IEM. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na avenida da Feira Nº 10, baixo, en Gondomar.

Todo #Gondomar únese nunha gran gala solidaria coa deportista local Desirée Vila.

Correo-e Imprimir PDF

desire2

A Gala cultural está organizada pola Agrupación Musical de Vincios e terá lugar nunha carpa que instalará o Concello no aparcadoiro de As Cerchas o sábado 13 de xuño. A partir das 18 horas ducias de orquestras, grupos corais e de danza, e variados artistas locais, brindarán un gran espectáculo. Dende esta semana os veciños poderán colaborar coa compra dun número de rifa valor 1€ dispoñible en establecementos de todo o municipio. O evento procura achegar fondos para a compra dunha prótese ortopédica para a deportista gondomareña, Desirée Vila Bargiela.

Pasarrúas da Banda de Vincios pola Paradela e concerto nas patronais de Vilas (Morgadáns)

Correo-e Imprimir PDF

agmusicalvinciosEste domingo a Banda Agrupación Musical de Vincios estará actuando nas Festas patronais de Vilas na parroquia de Morgadáns. Ás 10h da mañá a Banda fará o seu pasarrúas polo centro da vila de Gondomar ata a Praza do Concello e despois continuará a súa actuación no Campo da Festa de Vilas.

Cantares do Brión organiza a súa IV Romaría laica con foliadas e aturuxos na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

romaria toubaEste domingo 31 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza por cuarto ano consecutivo a Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro. A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde a casa reitoral de Vincos (na subida ao centro cultural) até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Os organizadores pregan levar calzado cómodo "para andar e superar algún regato que atoparemos na andaina á Touba do Brión, e levar para comer e beber. Despois: bailar, cantar e obradoiros semellantes ao da última romaría", sinalan

A parroquia de Chaín organiza un bingo solidario en apoio á deportista Desirée Vila

Correo-e Imprimir PDF

desire2Será o vindeiro domingo 31 de maio a partir das 18:30 horas no centro cultural A Merced de Chaín. A actividade comprende 7 grandes bingos con produtos comestibles aos que se poderá acceder como premios en cada xogo. A organización destinará o recadado á campaña "Da el paso ... Únete" en apoio a Desirée Vila, ximnasta de Gondomar que sufriu unha caída adestrando o pasado mes de febreiro e tras unhas complicacións médicas tívoselle que amputar unha perna.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL