Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Calendario das Xeiras do IEM verán 2015

Correo-e Imprimir PDF

550xeiras-iem-groba

Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2015 deseñáronse nove percorridos dos cales dous serán en barco.

A Fogueira dos Versos volverá acenderse na noite de San Xoán

Correo-e Imprimir PDF

00 Fogueira versos Cabeceira-300x191Magín Blanco será o artista convidado co seu espectáculo "Contos encantados"
A noite do 23 de xuño Espazo Lectura celebrará un san Xoán diferente coa oitava edición de A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, lumieira e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo que este ano correrá a cargo do músico Magín Blanco que, coa proposta "Contos encantados", encherá a noite de historias e cancións.

Sardiñada, música e fogueiras de San Xoán en Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF

fogueira de sao joao1O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, en colaboración coa Comisión de Festas organizan a Noite de San Xoán a partir das 22 horas deste martes. O programa terá como espazo de encontro o Adro da igrexa de Peitieiros coas seguintes actividadades:

O grupo de gaitas e pandereteiras do Sobreiro convocan ao Serán 2015 en Borreiros.

Correo-e Imprimir PDF

cores sobreiro

O grupo de gaitas Cores do Sobreiro e as pandereteiras do Sobreiro organizan o Serán 2015 de Borreiros. A actividade terá lugar o vindeiro sábado 20 de xuño ás 22 horas no Centro Cultural da parroquia.

Asociacións cultuais de Baiona convocan o VIII Serán “Á beira do mar".

Correo-e Imprimir PDF

Serán "A beira do mar 2015"A Escola de Danza de Baiona, a Asociación Cultura a Seneria e O Ximbaleu organizan a oitava edición do Serán "Á beira do mar", que tomará o parque da Palma na tarde do vindeiro 20 de xuño a partir das 20 horas.

Coma sempre, haberá obradoiros de baile tradicional, pasarrúas polo casco vello para a partir das 22 horas comezar o serán no palco de música situado na Palma.

Á media noite compartirase unha chocolatada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL