Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Cinema na rúa, ofrece “Ocho apellidos vascos” no Parque da Coelleira en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

8vascosO ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este martes 4 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme "Ocho apellidos vascos". Película española dirixida por Emilio Martínez-Lázaro, con guión de Borja Cobeaga e Diego San José, protagonizada por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi e Karra Elejalde.

Xeira do IEM polo “Camiño Real”

Correo-e Imprimir PDF

cruceiro trinidadEste mércores 5 de agosto terá lugar unha visita guiada do Instituto de Estudos Miñoranos polo Camiño Real guiados por Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño e Carlos Méixome, integrantes do IEM. O punto de encontro será ás 18 horas na Ponte da Ramallosa. A actividade non require inscrición previa.

Máis zumba nos areais de Lourido para agosto.

Correo-e Imprimir PDF

pilates-louridoO Concello de Nigrán amplía este mes de agosto a actividade de zumba en Praia América (en Lourido, xunto á escola de vela) a cinco días a semana, de luns a venres. Os horarios son: luns e mércores ás 13.00 horas e martes, xoves e venres ás 19.00 horas.

Cine na Rúa en #Gondomar: “La Ladrona de libros” no Parque da Coelleira

Correo-e Imprimir PDF

laladronadelibros1O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este luns 3 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme “La ladrona de libros” (2013) dirixida por Brian Percival.  O espectáculo conta co auspicio da Concellaría de Cultura de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. Entrada de balde.

#Baiona : O festival multiartístico “Son da Rúa” abrirá as festas de San Lourenzo en Belesar.

Correo-e Imprimir PDF

marcando pasosPasarrúas, teatro, danza, mercadillos e moita música formarán parte do programa que dende as 12 horas do sábado 8 de agosto dará comezo ás catro xornadas que abranguerán as Festas de San Lourenzo de Belesar.

De 12 a 14 horas, terán lugar pasarrúas co grupo tradicional A Merced da parroquia gondamarense de Chaín. Ao finalizar dará comezo un xantar popular até as 16:30 cando comece a mostra de cervexa artesanal do Val Miñor. Paralelamente haberá sesións de música alternativa e a actuación da Escola de Baile Marcando Pasos de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL