Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A danza tradicional da parroquia de Baíña preséntase na XII Romaría do Chamoso en Lugo.

Correo-e Imprimir PDF

airinhos da lagoaA música e danzas da parroquia de Baíña estarán presentes na tradicional Romaría do Chamoso que este ano cumpre a súa XII edición. Será este domingo, día 2 de agosto, cando o Grupo de Baile e Música Tradicional Airiños da Lagoa, estará xunto aos grupos Peleriños (Sarria) e Legua Dereita (O Corgo), no festival folclórico que se celebra na praia fluvial de O Corgo (Lugo).

A Banda de Música de Vincios protagonistas nas Festas de San Fiz e San Cristovo durante a fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF

banda vinciosEste sábado día 1 de agosto a Banda de Música A. M.Vincios actuará nas Festas patronais de San Félix - Concello de Nigran. Ás 11h. Primeira parte do Concerto na Praza do Concello ás 12h a Santa misa con procesión e Segunda parte do Concerto no campo da Festa de San Fiz.

Os clásicos do rock dos 60’ até os 90’ nun espectáculo único na Estación Marítima de #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

mail.google.com"Haros de lume" é o título do espectáculo do grupo vigués formado por Álex "McBrain" (batería), "Pélvico" (teclados), Alfredo "Nardi" (contrabaixo-baixo-guitarra), Alberto "Bertus" (guitarra eléctrica) JL "Johnny" Ríos (voz-guitarra acústica). Cinco tendencias musicais con orixe en distintos estilos que conflúen nun repertorio – homenaxe aos grandes clásicos del rock n´roll dende os 60' a finais dos 90'. O espectáculo será presentado este venres 31 de xullo na Estación Marítima de Baiona a partir das 23:45.

Actuación do humorista Somoza no CRC O Torreiro de Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán, a través da Concellaría de Cultura, organiza mañá xoves no C.R.C. O Torreiro de Priegue ás 21.30 horas a actuación do humorista Somoza. O popular cómico redondelán leva máis de 25 anos adicados ao mundo do chiste, do que ten un repertorio de 6,000, muitos deles baseados nas súas propias experiencias. As risas están garantidas.

“Peque ruta” polo río Muíños

Correo-e Imprimir PDF

A Concellaría de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán, dirixida por Ana Pérez, organiza maña mércores unha peque-ruta polo río Muíños. O punto de encontro é a escola de vela de Praia América (zona de Lourido) ás 18.00 horas e o recorrido é de 4 km, é dicir, unhas dúas horas e media de duración.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL