Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Cine ao aire libre para todo público este domingo pola noite en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

la lego pelicula cartel att 06022014O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este domingo 2 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme “La Lego película” (2014) dirixida por Philip Lord, Chris Miller e  Chris McKay.  O espectáculo conta co auspicio da Concellaría de Cultura de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. Entrada de balde.

#Gondomar : Cine para todo público no Parque da Coelleira: “Pancho el perro millonario”.

Correo-e Imprimir PDF

pancho perro millonario-Trailer, sipnsoe e xogos na nota.

O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este sábado 1 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme español "Pancho el perro millonario", dirixida por Tom Fernández. O espectáculo conta co auspicio da Concellaría de Cultura de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. Entrada de balde.

A obra de teatro “A vida da tía Lambida”, de Blanco Amor preséntase na parroquia de Couso

Correo-e Imprimir PDF

tia-lambida1Este venres ás 22 horas no Centro Cultural de Couso terá lugar a posta en escena de "A vida da tía Lambida". A obra escrita por Blanco Amor, será posta en escena polo grupo de teatro A Moura, orixinario do Centro Cultural A Merced da veciña Chaín.

Prepara o teu artefacto e flota como poidas!

Correo-e Imprimir PDF

BOLETIN-INSCRIPCION-FLOTA-COMO-POIDAS5O vindeiro domingo 2 de agosto a bisbarra acollerá a 3ª Concentración de Artefactos Flotantes. Como nas edicións anteriores as enxeñosas naves intentarán achegarse dende a Ponte da Ramallosa aos areais da veciña Ladeira. A organización informa que as piraguas e canoas que desexen participar poden anotarse até dous horas antes do evento que dará inicio ás 18 horas.

Cantares do Brión achegará os sons do Miñor ás festas tradicionais de Mondariz.

Correo-e Imprimir PDF

festival muinheira mondarizAs voces miñoranas con sede na parroquia de Vincios serán as encargadas de cerrar a primeira noite do XXVIIII Festival da Muiñeira e XXVII Feira de Oficios Artesáns de Mondariz . O coro adianta que no repertorio, se incluirán pezas novas e "algunha sorpresa pensada para a ocasión e para o lugar". A actuación dará comezo ás 22 horas do vindeiro sábado 1 de agosto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL