As voces miñoranas con sede na parroquia de Vincios serán as encargadas de cerrar a primeira noite do XXVIIII Festival da Muiñeira e XXVII Feira de Oficios Artesáns de Mondariz . O coro adianta que no repertorio, se incluirán pezas novas e "algunha sorpresa pensada para a ocasión e para o lugar". A actuación dará comezo ás 22 horas do vindeiro sábado 1 de agosto.
O dobre evento está organizado polo grupo folclórico local, Cear Castromao. A XXVII Feira de Oficios Artesáns, estará dedicada este ano aos cesteiros. A actividade en Mondariz dará comezo o sábado 1 ás 10:30 da mañá coa inauguración da exposición "O oficio de cesteiro". Sobre as 11:30 actuará a Escola de Gaitas, Pandeireta e Canto "Cear Castromao".
Continuará ás12 horas con obradoiros para nenos . De 17 a 20 horas se desenvolverán os "Xogos populares xigantes" e finalmente ás 22 horas, Cantares do Brión iniciará o concerto.
O domingo 2, a feira abrirá a mesma horas, e sobre as 11 horas terá lugar unha serie de demostracións de oficios artesáns. Ás 12 Carlos Barros Fontán "Tango", zapateiro de Mondaríz lerá o pregónl. Sobre as 18 horas dará comezo o XXVIII Festival da Muiñeira.