Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Prepara o teu artefacto e flota como poidas!

Prepara o teu artefacto e flota como poidas!

Correo-e Imprimir PDF
BOLETIN-INSCRIPCION-FLOTA-COMO-POIDAS5

O vindeiro domingo 2 de agosto a bisbarra acollerá a 3ª Concentración de Artefactos Flotantes. Como nas edicións anteriores as enxeñosas naves intentarán achegarse dende a Ponte da Ramallosa aos areais da veciña Ladeira. A organización informa que as piraguas e canoas que desexen participar poden anotarse até dous horas antes do evento que dará inicio ás 18 horas.


Os interesados en participar do evento teñen a disposición o teléfono 686 484 812. O "Flota como pidas" é un evento organizado por COEMSA, OVALMI, Club Marítimo Marisma de Ramallosa e o Concello de Nigrán.