Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Fogueiras de San Xoán na Camoesa

Correo-e Imprimir PDF

fogueira de sao joao1No campo de fútbol da Casa da Cultura terán lugar as tradicionais fogueiras de San Xoán o vindeiro martes 23 de xuño. Organizada pola asociación veciñal e a asociación cultural "A Camoesa", xunto coa comunidade de montes, a festa contará con sardiñas asadas e pan de millo, así como refrescos e viño gratuíto para toda a veciñanza de Camos. A festa estará amenizada polo grupo de gaitas Algarada de Priegue.

#Sabarís : "Contrabalde" música étnica do mundo en concerto na Tía Ni .

Correo-e Imprimir PDF

contrabaldeÁs 22 horas deste venres dará comezo o concerto do trío Contrabalde nas instalación da Tía Ni en Sabarís. O grupo está integrado por Dan Santana (voz e percusión) Iván Gulín (voz, contrabalde e violín) e Paco Represas (guitarra e voz). Executan temas en galego, portugués e castelán, xente "case sen prexuízos" en temas musicais e que se definen como banda que "tunea cancións do mundo". Será na Rúa Xulián Valverde nº36.

Apertura de inscricións para clases de baile e pandeireta en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

A asociación veciñal Castro e Ladeira de Sabarís oferta clases de baile galego e pandeireta. Dirixidos a todas as idades, destes obradoiros musicais preténdese concretar a creación de grupos representativos da parroquia nestas especialidades. Iniciativa que conta co antecedente do xa formado grupo de música tradicional da asociación que leva por nome "Estrela destroxira", en homenaxe á estación de arte rupestre de igual nome na parroquia.

Baíña presume de foliada cun gran evento musical esta fin de semana. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

airinhorsVan na novena edición e coma sempre a festa será un espazo aberto a músicos e veciños que desexen achegarse á Casa Veciñal. Organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, a foliada comezará ás 22 horas do vindeiro sábado 13 de xuño até estragar as gorxas e baleirar as sardiñas con pan de millo, os chourizos e o chocolate que estarán disposto para consumir entre peza e peza.

Concerto da Banda dos Cueiros como peche da tempada da programación para bebés de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

bandaencoirosO próximo sábado 6 de xuño, ás 12:00h, terá lugar a sesión de peche de tempada 2014-2015 de Contos en Cueiros, os encontros para achegar os bebés aos libros e á lectura que mensualmente organiza a asociación Espazo Lectura.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL