Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Coa conferencia “Desafíos, duelos e lances de honor en España” continúa o ciclo na Capitanía de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

dueloEste xoves 30 de xullo ás 20:30 horas José María Peláez Valle achegará a conferencia "Desafíos, duelos e lances de honor en España". A mesma forma parte do ciclo que está a desenvolver a Concellaría de Cultura de Baiona e coordinada polo profesor Antonio Piñeiro, baixo o título "Baiona Cultural".

Un espectáculo de danza e o II Certame de Habaneras centra o oferta para a fin de semana en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

25 a 26 XulloO sábado 25 a partir das 22:30, o grupo local "Danza Paradela" ofrecerá unha demostración das coreografías e xéneros musicais traballados cos integrantes da academia.

O domingo 26 a mesma hora, desenvolverase o II Certame de Habaneiras, coa participación da Coral Polifónica A Merced de Chaín, o Coro da Agrupación Musical de Vincios e a Coral San Mamede de Zamáns.

Todo o que podemos facer nesta fin de semana en #Nigrán “a un clic”

Correo-e Imprimir PDF

pilates-lourido

A fin de semana presenta unha axenda de actividades abertas a todo público nas distintas parroquias de Nigrán. Dende clases de pilates e zumba no Lourido, un carnaval de verán en Parada, Maxia en Panxón, feira de antiguedades en San Campio e ximnasia na praia, son as ofertas coordinadas polo Concello de Nigrán dende a concellaría de Cultura.

O estadounidense Chris Cheek, considerado o mellor saxofonista do momento, protagonista do #Nigránjazz

Correo-e Imprimir PDF

Chris-Cheek

-O Festival adiántase este ano ao 31 de xullo para contar coa presenza dos mellores músicos de jazz da escena mundial

-O Cartel o completa o contrabaixista chileno Pablo Menares e o vibrafonista catalán Andreu Vilar-Juanola, ambos incorporarán a algúns dos mellores artistas galegos

-Os músicos e afeccionados poderán adquirir coñecementos nunha master-class matinal a cargo do quinteto de Chris Cheek

Toda a axenda de ocio e cultura de #Gondomar para xullo e agosto a un clic.

Correo-e Imprimir PDF

Pincha na imaxe para ampliarCatorce películas, dezaseis espectáculos musicais, un festival e dúas feiras é oferta de espectáculos públicos que ofrece o Concello de Gondomar a veciños e visitantes na tempada estival. En total próximo a 40 actividades entre as que destacan un festival musical na Alameda no Día Europeo da Xuventude, e o desenvolvemento da III Feira de Artesanía e Oficios Artesáns e a II Feira da Cervexa Artesanal que cubrirán as rúas céntricas da vila condal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL