Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Todo o que podemos facer nesta fin de semana en #Nigrán “a un clic”

Todo o que podemos facer nesta fin de semana en #Nigrán “a un clic”

Correo-e Imprimir PDF

pilates-lourido

A fin de semana presenta unha axenda de actividades abertas a todo público nas distintas parroquias de Nigrán. Dende clases de pilates e zumba no Lourido, un carnaval de verán en Parada, Maxia en Panxón, feira de antiguedades en San Campio e ximnasia na praia, son as ofertas coordinadas polo Concello de Nigrán dende a concellaría de Cultura.

Programa:
Mercadillo-san-campioVENRES 24 DE XULLO
PILATES E ZUMBA EN PRAIA AMÉRICA
A Concellaría de Cultura do Concello de Nigrán continúa o venres coas clases de pilates e zumba en Praia América, xunto a escola de vela (zona de Lourido). Pilates é as 12.30 horas e zumba ás 19.00 horas. Ademáis, o sábado volverá a haber clases de zumba ás 12.00 horas, así como o luns ás 12.30 horas. Impartidas por profesionais especializados, están clases están destinadas a tódolos públicos.
CARNAVAL DE VERÁN
O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor para celebrar a V Semana Cultual que finaliza o venres co primeiro entroido de verán na parroquia, enmarcado na VI Festa da Xuventude. Ese día a comparsa 'Fantasía de Primavera' do C.C.R. de Parada volverá a mostrar ao público a súa coreografía xunto ao grupo Breogán Valle Miñor a partir das 22.3º horas. Ademáis, haberá discoteca móvil e Djs.
SÁBADO 25 DE XULLO
ESPECTÁCULO DE MAXIA CO ILUSIONISTA MAGO MARCO EN PANXÓN
A Concellaría de Cultura do Concello de Nigrán programa o sábado 25 de xullo ás 21.30 en Panxón a actuación do ilusionista Mago Marco, que ofrecerá un espectáculo de 'maxia en familia' que inclue aparicións, desaparicións, levitacións... En definitiva, máxia clásica adaptada aos novos tempos. Todo elo realizarase de modo interactivo e dirixido a un público familiar.
FERIA DE ANTIGÜEDADES NA ALAMEDA DE SAN CAMPIO
A Concellaría de Cultura do Concello de Nigrán organiza durante todo o día do sábado unha feira de antigüidades na Alameda de San Campio (A Ramallosa). Nela poderán atoparse todo tipo de artigos á venda. Paralelamente, en Praia América (xunto a escola de vela, en Lourido) permanece ata o 30 de agosto unha feira de artesanía composta por 28 haimas e cunha mostra relevante de artigos de todo o mundo.
DOMINGO 26 DE XULLO
SESIÓN DE XIMNASIA HIPOPRESIVA EN PRAIA AMÉRICA
A Concellaría de Cultura do Concello de Nigrán programa ás 19.00 horas do domingo unha sesión de ximnasia hipopresiva impartida por profesionais na materia e aberta a todo aquel que desexe participar. Como o seu propio nome indica, consiste en xerar unha hipopresión dentro da cavidade abdominal con técnicas posturais e movementos e por medio da contracción do abdomen. Favorece especialmente á musculatura pélvica e a zona abdominal.
LUNS 27 DE XULLO
Zumba en Praia América ás 12.30 horas.