Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Encaixamos Val Miñor organiza unha xornada cultural en Sabarís no Día das Persoas con Discapacidade.

Encaixamos Val Miñor organiza unha xornada cultural en Sabarís no Día das Persoas con Discapacidade.

Correo-e Imprimir PDF
10482223 907048352640102 9014416781853202513 n

Unha xornada cultural acollerá a colectivos e asociacións que traballan a prol dos dereitos das persoas con discapacidade este sábado 6 de decembro a partir das 11:30 horas no Mercado de Abastos de Sabarís. A praza congregará postos de venda e exhibición con produtos elaborados nos talleres de cada asociación. Ao longo do evento haberá contacontos, premiacións, un coloquio cos deportisas Milagros López Vernet e Gonzalo Suárez, para pechar a xornada cun concerto de Los del Barro. A actividade está coordinada pola Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor Encaixamos, e conta coa colaboración da asociación veciñal Castro e Ladeira e o Concello de Baiona.