Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A 7ª edición da Homenaxe ao Gaiteiro recoñecerá a traxectoria de Paco Bello e Consuelo Vázquez Souto

Correo-e Imprimir PDF

cartaz-7-gaiteiroO gaiteiro de Gargamal (Mondariz), Paco Bello, e a pandereteira de Carballo, Consuelo "dos Queixos" Vázquez Souto recibirán o recoñecemento pola súa traxectoria, divulgación e conservación da música tradicional nesta 7ª edición da Homenaxe ao Gaiteiro que organiza o Grupo Etnográfico A Buxaina en colaboración co Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC). O acto terá lugar no marco dun espectáculo musical que contará coa cantautora María Xosé Silvar "Sés" como presentadora. Será o vindeiro domingo 9 de novembro a partir das 19 horas no auditorio do Centro Cultural A Fundación, na rúa Policarpo Sánz, en Vigo.

O documental “As silenciadas” pecha o ciclo Cine e Memoria II no IEM

Correo-e Imprimir PDF

assilenciadas 640x480O vindeiro mércores 29 de outubro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar o pase do documental As Silenciadas (Galicia, 2011), dirixida por Pablo Ces. Na proxeccións na Aula de Cultura Ponte de Rosas, estarán presentes o director do filme así como Aurora Marco, encargada da investigación da historia así como co-responsable do guión, quen desenvolverán un coloquio co público asistente.

Representación de “A vida da tía Lambida”, de Eduardo Blanco Amor na mostra teatral de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

blanco amorA iniciativa da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar, durante todo o mes de outubro se está a desenvolver a I Mostra de Teatro Afeccionado "Mañufe levanta o telón". Este sábado 25 de outubro, ás 22 horas o grupo de teatro A Moura de Chaín ofrecerá a obra "A vida da tía Lambida", de Eduardo Blanco Amor.

Espazo Lectura achega actividades para a mocidade e os máis pequenos este sábado en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

00 Lendo Contigo Cabeceira-1024x565Este sábado, 25 de outubro, os clubs de lectura da Asociación Espazo lectura de Gondomar Lendo Contigo (para crianzas de 7 a 11 anos) e Comando Le (para a mocidade de 12 a 15 anos) volven á súa programación habitual, tras o descanso estival.

O ciclo “Cine e Memoria II” acolle o documental “La Sauceda” este mércores no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

la saucedaEste mércores 22 de outubro ás 20:30 horas proxectarase na Aula de Cultura Ponte de Rosas o documental La Sauceda. De la utopía al horror (2014), no marco do ciclo Cine e Memoria II. Dirixido por Juan Miguel León Moriche e realizado por Antonio Bermejo Canua, o filme amosa o horror sufrido en La Sauceda (Málaga),  poboado bombardeado pola aviación e por columnas do exército franquista en 1936.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL