Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Oia coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

costa oiaA vindeira Xeira do IEM  será unha visita en barco pola ruta Baiona - Oia, que terá lugar o próximo mércores 6 de agosto. Partirase do Porto de Baiona ás 21:15 debendo presentarse os viaxeiros a partir das 20:30 horas. A costa baionesa, o faro do Silleiro e principalmente o Mosteiro de Oia  centrarán a guía que desenvolverá o arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detállase  a continuación:

VM.info publicará a emisión en directo da presentación oficial de “Arruídos” o novo CD de Cantares do Brión.

Correo-e Imprimir PDF

cantares-cuviA presentación oficial de Arruídos o novo CD do Coro Tradicional Cantares do Brión terá lugar este venres ás 22:30 na Alameda de Gondomar. O concerto poderá seguirse tamén en Internet e con calquera dispositivo con conexión a internet, a través dunha retransmisión en directo por "streaming"

Música e cine comparten o cartel cultural para este fin de semana en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A programación cultural do Concello de Gondomar continúa este fin de semana con música e cine.
O Coro Tradicional Cantares do Brión e Rubén de Lis actuarán dentro do ciclo Noites na Alameda, ás 22.30 horas. O venres 1 de agosto, o Coro Tradicional Cantares do Brión presentará o seu primeiro traballo discográfico, Arruidos, que conta coa colaboración da Concellaría de Cultura de Gondomar. Pola súa banda, o cantautor e guitarrista Rubén de Lis actuará o sábado 2, presentando o seu novo disco Parábolas de Guitarra, que tamén conta coa axuda da Concellaría de Cultura.

Os músicos da escena do jazz, Toño Otero e Nacho Pérez, ofrecerán un concerto este venres na Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

LeftloversDous coñecidos músicos da escena do jazz, o guitarrista e compositor Nacho Pérez e o saxofonista lugués, Toño Otero conforman o dúo Leftlovers. O vindeiro venres 1 de agosto presentaranse en O Cafeciño (Rúa Damas Apostólicas Nº19, A Ramallosa – Nigrán) nun concerto onde abordarán un repertorio musical de R&B y Soul, facendo versións de clásicos como Stevie Wonder, Earth-WindFire, Jaes Taylor ou Michael Jackson. A entrada é gratuíta.

O Torreiro de Priegue acollerá o vindeiro sábado o II Concerto de Corais

Correo-e Imprimir PDF

coro-mixto-stella-maris-priCoral Ecos do Folón (O Rosal) e o coro mixto Stella Maris (Priegue) ofrecerán un concerto ao aires libre o vindeiro sábado 2 de agosto no Torreiro de Priegue (Nigrán). O evento dará comezo ás 21:30 horas e contará cunha emisión en pantalla xigante.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL