Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O pase do filme “O segredo da Frouxeira” abre o ciclo “Cine e Memoria II” en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do filme documental Segredo da Frouxeira Este mércores 1 de outubro ás 20:30 horas dará inicio o Ciclo "Cine e Memoria II" organizado polo IEM no marco especial do mes onde se lembra o asasinato dos nove veciños do Val Miñor en mans da represión franquista coñecido como A Volta dos Nove. O segredo da Frouxeira (2009) de Xosé Abad será o primeiro pase do ciclo que contará cunha presentación a cargo do mestre José Antonio Viñas Arias, e a asistencia de dous protagonistas do documental, Paulino Gasalla e Julia Porto que chegarán dende O Ferrol. O evento terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar. Entrada gratuíta ata completar as prazas.

O escritor Pedro Feijoo abre a tempada do Club de Lecturas 7 Vidas na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pedro-feijooO martes 7 de outubro de 2014, ás 20.00 horas, volven as sesións mensuais do Club de Lectura Sete Vidas que se celebran na Biblioteca de Gondomar, organizadas por Espazo Lectura. O libro sobre o que se vai falar e debater é a novela A memoria da choiva (Xerais ,2013), do escritor afincado na parroquia de Peitieiros, Pedro Feijoo. Trátase da segunda novela do autor, quen, tras o éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.

O artista plástico Vicente Prego presenta a mostra “Calendoscopio” na Aula de Cultura Ponte de Rosas

Correo-e Imprimir PDF

web-grandeVicente Prego (A Coruña, 1957) presentará "Calendoscopio", unha mostra plástica que abrangue unha selecta escolma da súa obra. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e graduado na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, a súa traxectoria artística estivo ligada nos seus comezos á Galería Trinta de Santiago. Na actualidade os seus traballos atópanse nas coleccións de importantes institucións e museos galegos. A inauguración terá lugar este venres 26 de setembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de novembro e poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas.

Charla debate sobre cooperación humanitaria no continente africano no Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

hambruna somalia home.jpgEste mércores 24 ás 21:30h, terá lugar unha Charla-Debate sobre a Axuda Oficial ao desenvolvemento en África, no café-Bar "Rañolas" (Gondomar).
En primeiro lugar expoñerase o problema, aportando datos interesantes sobre o subdesarrollo en África e a influencia da axuda, para que os asistentes teñan as ferramentas necesarias para abordar o debate con datos e situacións concretas.

O círculo Podemos – Gondomar preséntase na parroquia de Morgadáns

Correo-e Imprimir PDF

O círculo Podemos recentemente conformado no concello de Gondomar inicia unha rolda de asembleas nas distintas parroquias do municipio. Nese senso, este xoves 25 de setembro terá lugar un encontro aberto na parroquia de Morgadáns, na Escola de Guillufe a partir das 20 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL