Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Suspéndese a Xeira do IEM prevista para este mércores pola Fraga de Oliveira.

Correo-e Imprimir PDF

Ao tratarse dunha ruta con certa dificultade (medio-alta) e tomando en conta as previsións meteorolóxicas para a xornada o Instituto de Estudos Miñoranos vese na obriga de suspender a Xeira pola Fraga de Oliveira anunciada para este mércores 27 de agosto ás 17:30 horas. As posibilidade de choivas fai que o marco non sexa o adecuado pagar gozar desta andaina divulgativa polas fermosos espazos desta fraga, á vez que se desexa evitar calquera risco na seguridade dos visitantes.

Andaina pola Fraga de Oliveira: novo destino das Xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

fraga-oliveiraO vindeiro mércores 27 de agosto terá lugar unha Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos  pola Fraga de Oliveira. O percorrido estará guiado por Xosé Ramón García, Xilberte Manso e Anxo Rodríguez Lemos , con quen visitarase unhas paraxes que están dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Abrullido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. O punto de encontro será no Mercado de Sabarís  ás 17:30 horas.

Unha ruta guiada do IEM percorrerá Gondomar recreando o seu pasado histórico- urbanístico.

Correo-e Imprimir PDF

cruceiro-gondomarEste venres unha ruta organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos permitirá percorrer a vila de Gondomar recreando o seu pasado dende o Antigo Réxime ata o século XIX. O arquitecto Antonio Soliño Troncoso será o encargado da guía que sen deixar de ollar o entramado urbano da vila condal da segunda metade do XIX e primeira metade do XX, centrarase naqueles testemuños inda vivos que a conformaron séculos atrás.

Últimos días para inscribirse na maratón de artefactos flotantes: “Flota como poidas”.

Correo-e Imprimir PDF

flotaXa está en marcha a 2ª maratón de artefactos flotantes sen motor coñecida como o "Flota como poidas". A mesma terá lugar o vindeiro domingo 24 de agosto a partir das 17:30 horas nunha travesía que irá da Ponte da Ramallosa ata a Praia Ladeira. O interesados en participar poden inscribirse ata o 22 de agosto a través do teléfono 676904007 ou na web www.sabarisonline.com , e na páxina de Facebook Sabarís es otra historia. Tamén no Mercado da Tía Ni, o Hotel Arce e a gasolineira de Baiona.
O evento está organizado pola asociacións COEMSA, OVALMI, Marisma da Ramallosa, o Club de Piragüismo Val Miñor e o Concello de Nigrán.

Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito.

Correo-e Imprimir PDF

pazo-do-condeO vindeiro xoves de agosto 21 ás 20:00 horas no Pazo do Conde de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL