Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Proxección en Peitieiros do filme "De porta en porta", seleccionado en Filminho 2009

Correo-e Imprimir PDF

Este mércores 20 de agosto, ás 20:30h, o Centro Cultural de Peitieiros inicia a Semana Cultural, que precede o XXI Festival Folclórico Internacional, coa proxección dun vídeo sobre as treboadas no Salón do CCR e entrada libre. O vídeo titúlase "De Porta en Porta" e é un documental sobre esta manifestación musical exclusiva do Baixo Miño e norte de Portugal. A película será presentada por Celso Díaz, integrante do equipo que realizou o filme.

O Centro Cultural de Peitieiros convoca a unha xornada de observación astronómica na Paraguda.

Correo-e Imprimir PDF

festival-observacion-astronomica-2Este martes 19 de agosto ás 20:30 horas terá lugar unha xornada de observación astronómica en Peitieiros no marco da Semana Cultural que celebra esta parroquia de Gondomar. O punto de encontro será no cruce entre as pistas da Paraguda, Camiño de San Xulian e pista do Aloia.

Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Costa da Suavela coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baiona-2Están abertas as inscricións para participar da Ruta Marítima do IEM Baiona – Costa da Suavela a desenvolverse o vindeiro mércores 20 de agosto, con saída ás 21:15 horas. A ruta contará coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, centrada nos postos de vixilancia, fachos, sentinelas e demais espazos que dende a antigüidade xogaron un papel estratéxico na defensa da costa galega. O prazo para anotarse vence este luns 18 de agosto ás 22 horas. Pasos para inscribirse na Xeira Marítima :

Actuación do grupo Voces del Más Acá hoxe en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Voces del Más AcáVoces del Más Acá actuarán en Gondomar este fin de semana.

A agrupación xorde a comezos do ano 2009, no conservatorio profesional de música de Salamanca co obxectivo de participar nun coro dun xeito diferente ao que estaban acostumados.

Trampoline presenta o seu último disco “Motivations” este venres na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

TrampolineO trío integrado por David Tizón (voz e guitarra acústica), Marcos Rivera (guitarras, baixo e voz) e Iago Fernández (batería e percusión) presentarase en O Cafeciño (Damas Apostólicas 19 A Ramallosa) o próximo vernes dia 15 ás 22:00 horas. No concerto presentará o seu primeiro álbum Motivations, autoproducido en 2013. A banda Trampoline ofrecerá un recital acústico con temas enraizados en sons americanos e melodías británicas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL