Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Os comuñeiros de Couso preparan unha noite de “rastreo” nos montes da parroquia.

Correo-e Imprimir PDF

PA173847 LargeConvidan a preparar equipos de 6 a 10 persoas para participar do tradicional xogo do rastreo que desenvolverán o vindeiro sábado 6 de setembro pola noite. A partir das 21 horas terá lugar a inscrición dos equipos na Casa Veciñal de Couso onde comezará a partida. Obrigatorio levar papel, compás, bolígrafo e lanterna para participar do xogo. Aconsellan tamén levar roupa de recambio. O prezo por persoa é de 6 euros con dereito á churrascada que terá lugar o día 13 de setembro.

Cartel final de grupos para a 2ª Ruta Musical en Sabaris

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da edición anterior en 2013A asociación de comerciantes de Sabarís COEMSA deu a coñecer onte o cartel definitivo de grupos que encherán as rúas de Sabarís de música por un día.

Dez escearios e dez grupos que acturán dende as 11 da mañá até as 21h este sábado 6 de setembro, con variedade de estilos para todos os gustos.

Xeiras do IEM: unha viaxe pola arquitectura de Bar Bóo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

praza-abasto-gondomarO vindeiro mércores 3 de setembro terá lugar a derradeira Xeira do IEM do verán 2014. A mesma leva por título "A arquitectura de Bar Bóo en Gondomar" e contará coa guía dos arquitectos Antonio Soliño e Rosa Mouriño. O punto de encontro será ás 19:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira nº10, baixo, Gondomar. A andaina non require inscrición previa.

Sabarís artella a programación cultural de setembro nun quilómetro de música ao longo da vila.

Correo-e Imprimir PDF

ruta-musical-sabarisFunki, Rock, Música melódica, Folk, Jazz Fusión, Rap, Música do Mundo, Rock Metal..todo nun quilómetro. Dez grupos en 10 escenarios espallados ao longo de toda a vila, farán as delicias dos visitantes que o día 6 de setembro achéguense a Sabarís . Como na edición anterior haberá a disposición do público que a visite, un programa cos pases, estilo de música e localización dos escenarios. Os grupos farán dous pases, un de mañá e outro de tarde, no horario de 11 da mañá ás 21 horas.

Concerto da coral Stella Maris no Campos das Redes.

Correo-e Imprimir PDF

coro-mixto-stella-maris-priO grupo coral Stella Marís de Prieuge ofrecerá un concerto este venres ás 22:30 horas no Campo das Redes a carón das pistas de tenis municipais de Nigrán.
O coro parroquial Stella Maris naceu hai uns 60 anos, sendo o seu fundador Fernando Salgueiro García, avó da actual directora. Antigamente chamado o Coro Parroquial de Priegue a partir do ano 1993 pasa a denominarse Stella Maris, nome que conserva ata a actualidade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL