Este venres 15 de agosto o Centro Cultural e a Comunidade de Montes de Peitieiros organizan conxuntamente a festa da veciñanza de Peitieiros, denominada "Lombo do Roxás". Esta festa vénse celebrando conxuntamente desde hai case unha década, facendo confluír a Festa da/o socia/o e a Festa da/o comuneira/o que cada entidade celebraba por separado.
Axenda do Val Miñor
Os coidados do corazón centrará a conferencia do Dr. Diéguez na Capitanía Marítima de Baiona.
Este xoves 14 de agosto ás 20:30 horas terá lugar unha nova conferencia no ciclo organizado na Capitanía Marítima de Baiona. Nesta ocasión o Prof. Dr. Godofredo Diéguez, catedrático emérito de fisioloxía da Universidad Autónoma de Madrid presentará o coloquio “¿Cómo podemos cuidar nuestro corazón?”.
“Palestina: a terra das laranxas tristes". Faladoiro con Moncho Iglesias Míguez no IEM.
O vindeiro xoves 14 de agosto ás 20:30 o profesor Moncho Iglesias Míguez, da Universidade An‐Najah, en Nablus, Palestina, desenvolverá un faladoiro baixo o título “Palestina: a terra das laranxas tristes”, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo Gondomar).
Xeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro Suerio Iáñez.
Este mércores 13 de agosto terá lugar unha visita do Instituto de Estudos Miñoranos ao legado medieval na parroquia de Parada e centrada na figura de Sueiro Iáñez. O punto de encontro será ás 17:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo – Gondomar), e contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome. A participación é gratuíta e non require inscrición previa.
Audición comentada do musicólogo López-Benito sobre vida e obra de Tchaikovsky en Baiona.
Este xoves 7 de agosto ás 20:30 horas terá lugar unha nova conferencia no ciclo organizado na Capitanía Marítima de Baiona. Nesta ocasión D. Manuel LÓPEZ-BENITO, Musicólogo. Licenciado en Ciencias Químicas: Audición comentada: "El lenguaje musical de Tchaikovsky. Vida y obra del compositor ".
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL