Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O IEM organiza unha saída didáctica á Serra do Galiñeiro co CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

galinheirodendecousoO vindeiro sábado 11 de outubro ás 10 horas terá lugar unha nova saída didáctica organizada polo Instituto de Estudos Miñorans á Serra do Galiñeiro. Andaina que nesta ocasión se desenvolverá cos escolares do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, acompañados de mestres e familiares. A actividade contará coa guía dos membros do IEM, María Lemos e Pablo Casal, autor do libro Didáctica da Serra do Galiñeiro (IEM,2014).

O ciclo “Cine e Memoria II” acolle o documental “O meu nome é Luis Ferreiro” este mércores no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

luis ferreiroO Ciclo Cine e Memoria II acolle este mércores 8 de outubro (20:30 horas) a exhibición do documental O meu nome é Luís Ferreiro. Unha historia do antifranquismo galego  (Galicia, 2010). O filme dirixido polos vigueses Roi Caxiao e Fernando Llor, transita pola vida de Luis González Vila “Ferreiro”, militante comunista na clandestinidade durante o franquismo.  O traballo aborda diferentes etapas e cuestións relativas á loita contra a ditadura en Galicia: guerrilla, exilio, emigración, e a estratexia da folga nacional pacífica non tramo final do réxime.

A exhibición enmárcase no ciclo “Cine e Memoria II”, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, como parte da homenaxe anual que lembra a memoria dos miñoranos asasinados na Volta dos 9.  A actividade terá lugar  na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, 10, baixo Gondomar. A entrada é libre.

Cópera Prima estrea o capítulo piloto da súa web serie este venres no Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

copera-primaA web serie Cópera Prima será estreada no Café Rañolas de Gondomar este venres 3 de outubro en dúas sesións, ás 21 e ás 23 horas. Centrada en temáticas relativas á mocidade está rodada en escenarios do Val Miñor por un elenco fornecido por mozas e mozos estudantes da EAV de Vigo, a maioría deles residentes en Gondomar. O proxecto foi premiado polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia e contará cunha xira de presentación que a levará ademais a Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña.

Desde este sábado Mañufe “levanta o telón” da I Mostra de teatro afeccionado

Correo-e Imprimir PDF

centro-cultural-manhufeElencos de Morgadáns, Priegue, Sabarís, Chaín e Mañufe darán vida a este festival de teatro coa posta en escena de obras de Victoriano Taibo, Hollyer, Blanco Amor e José Cedena, no escenario do Centro Cultural San Vicente de Mañufe.

O Centro Cultural Parada do Miñor organiza unha excursión a San Froilán (Lugo).

Correo-e Imprimir PDF

O Centro Cultural de Parada do Miñor organiza unha excursión a San Froilán (San Froilán) o día 12 de outubro de 2014. Sairáns as 07:30 da mañá da Igrexa de Parada, con regreso sobre ás 20:00 h. O prezo por persoa é de 28€. O número mínimo de persoas para poder facer a excursión é de 50 persoas. O derradeiro día para anotarse é o día 6 de outubro. O que queira anotarse pode chamar ó teléfono 628986597 a partir das 15:00 horas e preguntar por Bea

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL