Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Desde este sábado Mañufe “levanta o telón” da I Mostra de teatro afeccionado

Desde este sábado Mañufe “levanta o telón” da I Mostra de teatro afeccionado

Correo-e Imprimir PDF
centro-cultural-manhufe

Elencos de Morgadáns, Priegue, Sabarís, Chaín e Mañufe darán vida a este festival de teatro coa posta en escena de obras de Victoriano Taibo, Hollyer, Blanco Amor e José Cedena, no escenario do Centro Cultural San Vicente de Mañufe.


A iniciativa da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar, durante todo o mes de outubro se desenvolverá a I Mostra de Teatro Afeccionado "Mañufe levanta o telón". A posta en escena de "O can de San Roque" a cargo do grupo Bertorella de Morgadáns abrirá o ciclo con esta adaptación do conto do escritor e mestre, Victoriano Taibo. Será o sábado 4 de outubro a partir das 22 horas.
Programa
O sábado 11 de outubro, as 22 horas, o grupo de teatro Entre Lusco e Fusco de Priegue representará a obra "A voda de Esganarello" de Hollyer.
O sábado 18 de outubro, ás 22 horas a posta en escena corresponderá ao grupo La Madre del Dinero Negro de Sabarís, coa obra "Rosiña a xordiña".
O sábado 25 de outubro, ás 22 horas o grupo de teatro A Moura de Chaín ofrecerá a obra "A vida da tía Lambida", de Eduardo Blanco Amor.
O domingo 26 de outubro, ás 20 horas o grupo anfitrión, Xente Daquí e Dacolá da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, pechará a I Mostra de Teatro Afeccionado coas obras "O asasino anda solto" e "El oculista de la vista", ambas as dúas de José Cedena.