Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Socialistas apoian a suspensión do traslado da puxa á lonxa de Vigo por parte da confraría La Anunciada.

Correo-e Imprimir PDF

lonxa-baiona-foraOs Socialistas de Baiona apoian a decisión da confraría La Anunciada de Baiona de suspender o traslado da poxa de produtos a Vigo. Tras algúns meses nos que salientan que "había entre os veciños e diferentes sectores de empresarios do pobo unha gran preocupación pola perda deste servizo", os socialistas opinan que é unha "boa noticia" o anuncio da suspensión por parte da lonxa.

A Deputación fornece con 60.500€ o futuro campo de golf de Baredo e con 8 mil as emerxencias sociais de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

golf-tourismAmbas as dúas achegas provinciais foron anunciadas esta semana e amosan unha disparidade importante na coantía. Mentres a redacción do "Plan Especial de dotación de infraestruturas As Costeiras" que beneficiará o proxecto do campo de golf en Baredo percibirá 60.500 euros para a súa consecución, os servizos sociais do municipio contarán con tan só unha colaboración de 8.000, provenintes do programa "Axudas Básicas de Emerxencias", da administración provicial.

Reclaman un millón de euros para recuperar as baterías de Silleiro e indemnizar aos expropiados

Correo-e Imprimir PDF

cabosilleirohistricoO BNG vén de reclamar no Congreso dos Deputados un millón de euros para recuperar as baterías do Silleiro e indemnizar aos expropiados. O fan a través dunha alegación aos Orzamentos Xerais na que sinalan que o espazo patrimonial foi "degradado desde su abandono por parte do exército español", e reclaman a inversión para acondicionalo para o uso público.

O BNG esixe no Congreso dos Deputados o derrubo dos bungalows ilegais do camping de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

camping ladeiraO Bloque Nacionalista Galego, a través da deputada Olaia Fernández Davila, instou ao Ministerio de Medio Ambiente a que execute a orde de derrubo que pesa sobre os bungalows ilegais instalados na Foz do Miñor. Nunha  Proposición non de Lei sinala que aínda habendo unha resolución do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra e unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza seguen os bungalows ilegais instalados nun Lugar de Interese Comunitario e dentro da Rede Natura 2000.

Incautan droga e o caderno de “venta” nun local do casco vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

coche Guardia CivilNon só caeu a droga agochada no local, tamén o caderno onde o propietario facía anotacións de supostas débedas e compra de sustancias estupefacientes dos clientes. O operativo tivo lugar a pasada fin de semana, segundo da conta a Garda Civil. Durante a revisión se incautou, nun peto do propietario do local, un anaco de hachís, na caixa registradora e debaixo da mesma unha papelina de cocaína e máis hachís así como o devandito caderno de anotacións e 3.000 euros en billetes fraccionados.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL